Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ciclo Selección Sonora. Israel Fernández e Diego del Morao

Desde a súa vitoria con tan só 11 anos no concurso televisivo “Tu gran día” ata as súas recentes propostas nos Grammy Latinos e nos Premios Odeón, a traxectoria de Israel Fernández está a ser meteórica.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

27/04/2023

Xa rematou

Horario:

- Hora: 20.30 h

- Hora apertura de portas: 20.00 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Platea central: 20,00 €

Platea lateral: 19,00 €

Anfiteatro filas 1 a 6: 18,00 €

Anfiteatro filas 7 e 8: 16,00 €

Desconto do 20 % para carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas

Desconto do 25 % para familia numerosa

*A documentación que confirme a aplicación do desconto presentarase en despacho de billetes no momento de comprar a entrada e o día do concerto no momento de acceder ao Teatro

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización

• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Adhesión Mercantil Coruñesa SL

Hoxe en día é considerado xa un dos intérpretes flamencos máis importantes, e seguramente o referente de toda a nova xeración de artistas do xénero. Transcendendo alén do flamenco, o seu gran aval, máis aló do seu personalísima maneira de interpretar o cante tradicional, radica en saber conxugar o legado clásico coa súa imparable frescura creativa, dando como resultado actuacións tan emocionantes como dinámicas. Con catro álbums publicados e un recoñecemento unánime de público e crítica, Israel Fernández non só é o futuro senón tamén o presente máis brillante do flamenco; un xénero que, grazas a figuras como a súa, traspasou todas as fronteiras do planeta. Non por casualidade a revista GQ incluíuno na súa lista dos 21 músicos con maior proxección do mundo.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Ágora unicamente días de espectáculo desde unha hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión