Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ciclo Selección Sonora. Temples

Formada en 2012 na cidade de Kettering (UK), Temples é sen dúbida unha das grandes bandas de psicodelia pop da actualidade.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

16/05/2023

Xa rematou

Horario:

- Hora: 20.30 h

- Hora da apertura de portas: 20.00 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Platea central: 18,00 €

Platea lateral: 16,00 €

Anfiteatro filas 1 a 6: 18,00 €

Anfiteatro filas 7 e 8: 15,00 €

Desconto do 20% para Carné Xove, > 65 anos ou persoas desempregadas

Desconto do 25% para familia numerosa

*A documentación que confirme a aplicación do desconto presentarase no despacho de billetes no momento de mercar a entrada e o día do concerto no momento de acceder ao teatro.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o concerto non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Adhesión Mercantil Coruñesa SL

Composta por James Bagshaw (voz e guitarra), Tom Walmsley (baixo), Adam Smith (teclado e guitarra) e Rens Ottink (batería), asinou tres gloriosos álbums que xa forman parte da historia do xénero, unindo a influencia do son de Manchester coa do sunshine pop e a psicodelia dos 60. A súa cuarta entrega, Exotico, que chegará o 14 de abril, conta coa produción de Sean Ono Lennon, a mestura de Dave Fridmann (Beach house, Spoon, The Flaming Lips) e explora temas existencialistas como a non permanencia e a mortalidade, a nosa conexión coa natureza ou a inmensidade salvaxe da mente; sempre con esa espectacular mestura de psicodelia, kraut rock e dream pop. Un traballo que os confirma como unha das bandas máis renovadoras e inventivas do presente, e ao seu novo directo como un dos que non debes perder este ano.

"Neste traballo [Hot Motion] Temples reivindican a versatilidade sónica da guitarra, usándoa con fins distintos aos habituais para substituír outros elementos máis sintéticos, case a modo de ilusión óptica". Mondo Sonoro.

"O concepto "lambetada psicodélica" que acabo de inventar vénme ben para falar de Temples. Doces, apetitosos mesmo cando xa non tes fame, a risco de encher, escoitas sen mirar. E repites". Binaural.

"Se algo teñen os ingleses é un gran talento para replicar con bastante atino o son de rock psicodélico dos anos 60 e 70". Jenesaispop.

Temples gustaranche se che gusta Tame Impala, King Gizzard & The Lizard Wizard, Animal Collective, MGMT, The Black Angels ou The Flaming Lips.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Ágora unicamente o día de espectáculo dende unha hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión