Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

CIDADE DE DEUS (Cidade de Deus) de Fernando Meirelles, Kátia Lund

Salga Marilyn Monroe - Miscelánea

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 21/05/2026 ata o 23/05/2026

Horario:

Xoves. 20.00 h

Venres: 20.00 h

Sábado: 17.30 e 20.00 h

Duración:

130 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné novo, maiores 65 anos, persoas desempregadas 2,00 €

** Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.

Sesión do espectador: sábado ás 17.30 h - Prezo único: 1,50 €

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO

  • Rógase puntualidade. Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante a mesma
  • Ao acceder á sala de cinema poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión
  • Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e luz molestan ao público asistente
  • As salas de cinema teñen reservado o dereito de admisión
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas de cinema teñen que contar con entrada, independentemente da idade que teñan e de que ocupen ou non butaca
  • Os cochecitos e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles indicacións
  • Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas das películas
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán ser requiridas polo responsable da sala
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias

RECOMÉNDASE:

  • Actuar con responsabilidade

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Con Alexandre Rodrigues, Leandro Firmino

Brasil 2002

130 minutos - VOSE

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 18 ANOS

HORARIO: xoves e venres: 20.00 h / sábado: 17.30 e 20.00 h

Baseada en feitos reais, describe o mundo do crime organizado en Cidade de Deus, un suburbio de Río de Janeiro, desde finais dos sesenta ata principios dos oitenta, época durante a cal o tráfico de drogas e a violencia impuxeron a súa lei nas favelas. A finais dos sesenta, Buscapé, un neno de 11 anos tímido e sensible, observa aos nenos duros do seu barrio, os seus roubos, as súas pelexas, os seus enfrontamentos diarios coa policía. Pero el sabe moi ben o que quere ser se consegue sobrevivir: fotógrafo. Dadinho, un neno da súa idade que se traslada ao barrio, soña con ser o criminal máis perigoso de Río de Janeiro e empeza a súa aprendizaxe facendo recados para os delincuentes locais. Admira a Cabeleira e a súa cuadrilla, que se dedican a atracar os camións do gas. Un día Cabeleira dálle a Dadinho a oportunidade de cometer o seu primeiro asasinato.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: ataquilla.com
  • Venda en despacho de billetes Fórum: unicamente días de proxección desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda en despacho de billetes Praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión