A Banda Municipal da Coruña comeza a súa tempada sinfónica no Teatro Colón cun atractivo cartel onde centra o programa nunha obra icónica do século XX, "O amor bruxo".
Para público en xeral
05/11/2023
Xa rematou
12.15 h
Entrada libre ata completar a capacidade
teatrocolon@coruna.gal
Bruxería e misterio, xitanas que murmuran esconxuros, danzas arredor do lume. "O amor bruxo" é unha historia de paixón que traspasa a fronteira do máis Alá, un ballet-pantomima protagonizado por unha parella nova, Candeals e Carmelo, e un antigo amante da moza que se manifesta en forma de espectro e que a atormenta. Sortilexios, feitizos e unha música inspirada nas máis fondas raíces do canto e sentimento meridionais, adoptando unha técnica e modos de expresión non afeitos ata daquela na música española. Todo iso outórgalle un atractivo moi especial a esta obra. A "Danza ritual del fuego" ou "Canción del fuego fatuo" convertéronse en iconas da música do século XX. O programa complétase coa estrea de "Tres bocetos andaluces", obra do compositor asentado en Vigo David Cuevas, unha obra de inspiración flamenca onde o lirismo se traslada ao timbre do clarinete baixo solista. "Cantares de Galicia" é unha obra do compositor norteamericano M. Gandolfi, el mesmo describe a fonte que inspirou a escritura desta obra baseada en melodías tradicionais galegas:
"A nai da miña esposa, Aurora, é oriúnda de Viveiro, un fermoso pobo costeiro galego. Durante as miñas viaxes alí descubrín varias cancións tradicionais que Aurora lle canta a miúdo á miña esposa María..."
Repertorio
Overture for a Great City - P. Sparke
Cantares de Galicia - M. Gandolfi
Tres bocetos andaluces - D. Cuevas
El amor brujo- M. de Falla
Artistas
Banda Municipal de Música da Coruña
Cantaora: Sandra Calderón
Solista: Xocas Meijide
Dirección: Juan Miguel Romero Llopis
Entidades

26/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

23/01/2026

24/01/2026

29/01/2026
Entradas á venda en
www.sfx-events.com

30/01/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible