Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Concerto Troyanos de Compostela

Troyanos de Compostela é a agrupación musical da Asociación Cultural Musical de Antigos Tunos Composteláns e do Museo Casa da Troia

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

25/02/2023

Xa rematou

Horario:

- Hora: 20.00 h

- Hora apertura de portas: 30 min antes da función

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización

• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Deputación Provincial da Coruña

Esta agrupación, nada en 2013, debutou en concerto no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela a tarde do 7 de novembro de 2015, dentro dos "II Encontros Troyanos en Compostela", levados a cabo para conmemorar o centenario da edición da novela.

Troyanos de Compostela xorde como proxecto vinculado ao Museo Casa daTroia cos obxectivos de investigar, promover e divulgar a música para Instrumentos de pulso e púa que tocaba a Tuna Compostelá a finais do século XIX e comezos do XX (época da novela); e lembrar a figura e a obra de diversos compositores galegos daquel tempo.

A agrupación conta actualmente con 32 compoñentes, persoas afeccionadas á música que actualmente son profesionais en distintos ámbitos, pero aos que lles une a súa pertenza durante a súa etapa académica á Tuna Universitaria.

Desde a súa presentación, o grupo realizou diversas actuacións, tanto en Santiago e a súa contorna como noutras localidades de Galicia (Carballo, Vilalba, Vilanova de Arousa, Celanova, Padrón, Cedeira,...), España (Salamanca, Madrid, Sevilla,...) e Portugal (Porto, Coimbra).

Destacar, a gravación do CD "Viva Galicia! A música non tempo da Casa da Troia", presentado nun concerto celebrado o 14 de xullo de 2018 no Teatro Principal de Santiago. O título deste CD é un homenaxe a Lugín; a José Gómez Veiga "Curros", director musical da Tuna Compostelá naqueles anos e músico de grande influencia na vida musical de Santiago.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Teatro Colón unicamente días de espectáculo desde dúas horas antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión