Contaconto e obradoiro de Apiario sobre o álbum ilustrado "O branco non pinta!"
Familias, Infancia
29/03/2022
Xa rematou
Dende o 25/03/2022 ata o 29/03/2022
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas entre 3 e 4 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Dous pases: 17.00 e 18.30 horas
40 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
18 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Quen dixo que o branco non é unha cor? É unha cor ben bonita se pintamos sobre fondo negro, por exemplo. E isto amosaránolo Antía Otero, a escritora que argallou a historia de "O branco non pinta!"
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases: Contaconto-obradoiro "O branco non pinta!" Pase 17.00 h e Contaconto-obradoiro "O branco non pinta!" Pase 18.30 h para os que se haberá que inscribir previamente en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions
Por mor das restricións pola situación sanitaria a cada pase só poderán asistir 18 familias (crianza + persoa adulta).
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
REQUISITOS POLA SITUACIÓN SANITARIA:

14/12/2025
INICIO DAS VENDAS: O venres anterior a cada espectáculo, nos horarios habituais da praza de Ourense e en Ataquilla.com

Os días 10/12/2025, 11/12/2025, 12/12/2025, 13/12/2025, 14/12/2025

19/12/2025

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h

Dende o 19/12/2025 ata o 20/12/2025

22/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible