Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Corufest 2023 - Outrora nós da compañía Mevadeus

OUTRORA NÓS é un espectáculo que bebe da dramaturxia da obra gañadora do primeiro premio de teatro de Xuventude Crea 2021: “Agro 5G”.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

11/05/2023

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

10,00 €

Desconto do 20% para carné novo, > 65 anos ou persoas desempregadas

Desconto do 25 % para familia numerosa

*A documentación que confirme a aplicación do desconto presentarase en despacho de billetes no momento de comprar a entrada e o día do concerto no momento de acceder ao Teatro

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización

• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

Catro novos emprenden unha viaxe entre o pasado e o presente coa premisa de saber: ¿Quen seriamos nós noutro tempo?

O amor e a tradición son o motor desta experiencia escénica que se pregunta de que maneira o desexo de amar e ser amado moldéanos, confórmanos ou nos deforma. Unha mocidade que se atopa para descubrir respostas sobre a identidade tendo a valentía de cuestionar quen é e cara a onde vai co desexo de evitar erros dun pasado que aínda nos pertence..

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Teatro Colón unicamente días de espectáculo desde dúas horas antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central Praza de Ourense: de luns a venres de 11:00 h a 15:00 h e de 16:30 a 19:30 h (excepto festivos)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión