Segundo espectáculo do ciclo BEBESCENA para público de 1 a 3 anos, no que a partir da linguaxe non verbal da danza e a expresión do corpo van aflorando as palabras.
Familias
11/10/2015, de 11:00 a 13:30
Xa rematou
Funcións ás 11.00 e 12.30 h
45 minutos
6,00€. Abono familiar: 15,00€ (mínimo un adulto e un menor).
Os menores de 3 anos que non ocuepen asento non pagan entrada.
Capacidade reducida
VENDA DE ENTRADAS E ABONOS:
Vimos ao mundo cun nome concreto, nun lugar concreto, unha familia e contorno definidos e nada diso elixido por nos mesmos, é o noso manuscrito inicial e a partir de aí definiráse o rumbo da nosa vida. Agora chámanche Nano, pero cal será o teu nome? A mín chámanme "bicho", pero cal será o meu nome? Eu chámome Olvido e non quero que ese sexa o meu nome.
A historia vai crecendo coma o rítmo do espectáculo; trátase dunha linguaxe non verbal a través da danza e a expresión do corpo. Porén, hai algunhas partes en que afloran as palabras para enlazar situacións e darlles pulo a momentos concretos do espectáculo. O/a neno/a recoñecerá a linguaxe ligada ao movemento e isto, xunto coa luz e a música, somerxerá o pequeno espectador nun clima familiar e agradable, captando a súa atención, sen necesidade de recorrer a efectos superficiais.
Compañía: Da.Te Danza (Granada)
Interpretación e danza: Greta Jonsson e Iván Montardit
Dirección teatral: Rosa Díaz

22/12/2025

23/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible