Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Día do Apego. "Derriba da Lúa", de Rilo e Penadique

Espectáculo para nenas e nenos de 0 a 3 anos

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

28/12/2022

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 26/12/2022 ata o 28/12/2022

A inscrición comezará o luns 26 ás 10.00 h a través desta web.

A actividade está dirixida a crianzas de -3 anos acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

Horario:

Dous pases: 17.00 e 18.00 horas 

Duración:

30 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Número de prazas:

40 crianzas por sesión

Prezo:

De balde e con inscrición previa

"Antes do principio do todo había a nada. Despois chegou o vento que moveu a nada. Co movemento saltaron tres chispas: a primeira apagouse e naceu a Lúa. A segunda quedou acesa e naceu o Sol. A terceira comezou a xirar e naceu a Terra. Na terra hai un carballo. No carballo hai un niño. No niño hai unha merla que choca tres ovos..."

"Derriba da lúa" é un espectáculo-obradoiro de narración oral e música, de recente creación, para familias con nenos de 0 a 3 anos. Queremos arrolar, contar, cantar e xogar xuntas para soñar e medrar libres coma paxaros.

Unha proposta de lecer en familia de Rilo e Penadique (Culturactiva).

A actividade desenvolverase na aula 7 do Centro Ágora e haberá dous pases:  Día do Apego. "Derriba da Lúa", de Rilo e Penadique ás 17.00 h  e Día do Apego. "Derriba da Lúa", de Rilo e Penadique ás 18.00 h , para os que se haberá que inscribir previamente en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions.

A cada pase poderán asistir 40 familias (crianza + persoa adulta). Pídese puntualidade.

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión