Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Día do Libro: Mollámonos polo libro

O Servizo Municipal de Bibliotecas do Concello da Coruña lanza a campaña “Mollámonos polo Libro” amosando o seu compromiso co sector do libro e garantindo o acceso á cultura para todos os públicos.

Tipo de actividade:

Outras actividades

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 23/04/2020 ata o 28/04/2020

Este evento xa rematou

Contacto:

Con motivo do Día do Libro, o Servizo Municipal de Bibliotecas do Concello da Coruña únese ás diferentes manifestacións do mundo da cultura para pór en valor o sector do libro, visualizando a todos os axentes implicados no mesmo e promovendo o acceso universal á lectura.

Baixo o lema "Mollámonos polo libro", a campaña evidencia a fraxilidade dun sector que vive o seu día grande no medio dunha ameazante tormenta para lanzar unha mensaxe de unidade e apoio a todos os actores do mundo do libro: librarías, escritores, editores, ilustradores, narradores, bibliotecas e lectores.

A creación dun orixinal spot lidera un programa de actividades dirixidas a todos os públios que, xunto coa súa programación habitual, definirán a adaptación do servizo municipal nun entorno atípico onde os medios de comunicación constitúen un aliado indispensable para achegarse a todas as persoas usuarias do sistema bibliotecario da cidade.

Xunto a unha programación na web e nos perfís de Instagram, Twitter e Facebook protagonizada por contacontos e divertidos retos, a rede de bibliotecas municipais impulsa o seu compromiso coa democratización da cultura e cos colectivos non conectados mediante o lanzamento de programas deseñados para a súa execución en medios de comunicación convencionais.

Deste xeito, as bibliotecas da Coruña presentarán Lemos para ti; un conxunto de narracións orais que os bibliotecarios e bibliotecarias difundirán tanto en Ivoox coma na radio, un medio imprescindible para que a cidadanía menos familiarizada coa rede poida desfrutar da literatura.

SÚMATE Á CAMPAÑA:

Emprazamos a todo o mundo a mollarse e poñer en valor unha data tan relevante para as bibliotecas como é o Día do Libro. Se queres participar e sumarte á proposta, só tes que responder á pregunta: como te mollas ti polo libro? 

Contamos coa túa aportación, podes facelo no formato que desexes e nas canles que consideredes oportunas empregando o hashtag #mollamonospololibro.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión