Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Distopías cotiás: Ética, privacidade e tecnoloxía. Retos abertos para os anos vinte

Distopías cotiás, encontros mensuais nos que reflexionar sobre os impactos das tecnoloxías nas nosas vidas.

A quen vai dirixido:

Persoas adultas

Cando:

27/01/2020

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade.

Horario:

De 19.00 a 20.30 horas.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Hashtag:

#DistopiasCotias

Contacto:

981 189 886

bagora@coruna.es

Distopías cotiás é espazo de reflexión -que nace da man de Coruña Dixital- sobre tecnoloxías e prácticas na contorna dixital que, ata hai ben pouco, ocupaban a esfera da ciencia ficción e que a día de hoxe xa forman parte, en maior ou menor grao, da nosa realidade cotiá.

A Biblioteca Ágora convértese cada mes nun foro que acolle encontros de pensamento contemporáneo que tratan cuestións que están a xerar fondos debates, polo seu enorme impacto na nosa sociedade como: ética tecnolóxica, soberanía dixital, capitalismo...

Nesta ocasión, o formato do encontro componse de:

  • Charla inicial a cargo de Pablo Castro sobre "Ética, privacidade e tecnoloxía. Retos abertos para os anos 20". Pablo Castro é desenvolvedor frontend e co-fundador de Arengu, así como tamén activista destacado pola liberdade en Internet e o software libre. Leva 8 anos como unha das cabezas visibles do GPUL, un dos LUGS(Grupos de usuarios de Linux) máis grandes e activos de España, un par de eles facendo cousas pro-privacidade en Trackula e coorganizando AtlanticaConf, a maior conferencia tech de Galicia.
  • Debate e conversa aberta entre as persoas asistentes.

Tamén che pode interesar...

  • BiblioTECH. Obradoiro de deseño 3D

    Cando:

    Dende o 04/05/2024 ás 11:00 ata o 01/06/2024 ás 13:00 , os sábados

    Realizarase os sábados 4, 11, 18 e 25 de maio e 1 de xuño.

    Inscricións:

    Dende o 27/04/2024 ata o 04/05/2024

    Require inscrición.

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión