Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Elas son artistas - DAYNA KURTZ

VIII ciclo Elas Son Artistas - DAYNA KURTZ

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

28/11/2025

Xa rematou

Horario:

21.00 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Entradas: 14,00 / 17,00 €

1ª fila de principal, visibilidade reducida: 12,00 €

(-20% para carné novo, maiores 65 anos, persoas desempregadas)

(-25% para familia numerosa)

*Para a aplicación dos descontos é necesario presentar o documento que acredita o desconto

Páxina web:

https://elassonartistas.gal/

Organiza:

10d10 Solucións Acertadas

Dayna Kurtz and Robert Maché 25 Aniversario de POSTCARDS "FROM DOWNTOWN"

O VIII ciclo Elas Son Artistas ofrece a posibilidade de achegarse a unha das grandes cantautoras norteamericanas das tres últimas décadas. O tempo voa e aquí estamos, celebrando os 25 anos desde a edición do excepcional Postcards from Downtown, onde Norah Jones márcase un dueto con Dyana Kurtz. Lonxe quedan os días onde nalgún dos selos discográficos sagrados debatíanse entre a fichaxe dunha moza que sería a nova musa do blues máis comercial, unha tal Norah Jones, ou o dunha muller alta, de voz negra, dura, profunda, áspera e doce ao mesmo tempo, de nome Dayna Kurtz. Como moitas outras veces na historia, Dayna era moi consciente de cal sería o seu camiño a partir de aí. Unha garganta privilexiada, a súa voz ten a calor e o compás das vellas divas do jazz, como Billie Holiday, Betty Carter ou Nina Simone, do blues, como Bessie Smith, ou do soul, como Aretha Franklin. Un efecto dramático que só Tom Waits ou Marianne Faithfull posúen, a beleza dos textos de Suzanne Veiga, o enxeño poético de Leonard Cohen, a intensidade de Jeff Buckley e Van Morrison, ecos de Patti Smith, Laura Nyro, Joni Mitchell... Ese disco contiña unha "Torch Song" como "Love Gets In The Way" que lle abriu as portas de Europa, especialmente en Países Baixos. Aínda quedaban un par de anos ata que España sucumbise aos seus encantos. Dayna Kurtz, ou Lulu na súa última reinvención, levaranos directos á cidade que a acolleu cos brazos abertos. Onde Lulu, ou Dayna, atopou o seu sitio natural. New Orleans é o seu fogar, sempre o fué, aínda que que non sempre vivise alí. Única na súa especie, a dos elixidos para tocarnos a alma en cada frase e lembrarnos que dúas guitarras e unha voz son todo o que fai falta para ser felices.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Teatro Colón: unicamente a tarde do concerto, só se quedan entradas dispoñibles.
  • Despacho de billetes Praza Ourense: de luns a venres (excepto festivos) en horarios de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión