Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

#EnClaveFemenina

#EnClaveFemenina posibilitará que as nenas e nenos da cidade, así como as súas familias, poidan achegarse á figura de Mercedes Padilla, Pilar Vañó e Celia Torá, tres das mulleres que dirixiron a Banda Municipal de Música da Coruña durante a súa traxectoria.

A quen vai dirixido?:

Nenas e nenos da cidade, así como as súas familias

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

21/06/2022

Xa rematou

Horario:

17.00 h na aula A

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade

Organiza:

Concello da Coruña

O obxectivo desta actividade é trasladarlles ás novas xeracións de músicas e músicos, así como ao público interesado, a importancia de promover a igualdade entre sexos e todos os ámbitos e incentivar que as persoas participantes coñezan as experiencias e o proceso das mulleres directoras.

Mercedes Padilla, madrileña, formouse no Real Conservatorio Superior de Música da súa cidade natal, obtivo os títulos de profesora superior de Piano, Pedagoxía Musical, Teoría da Música, Transposición e Acompañamento, Composición e Dirección de Orquestra. Ampliou os seus estudos de composición e dirección en Italia e Alemaña, cos mestres Donatoni, Petrasi, Ferrara e Rilling. Desde 1976 foi profesora do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e exerceu a docencia na cátedra de Contrapunto e Fuga e, desde 2006, na cátedra de Dirección de Orquestra.

Pilar Vañó, nacida en Bocairent (Valencia), formouse no Conservatorio Superior de Música 'Joaquín Rodrigo' de Valencia, onde obtivo a titulación superior en Clarinete, Composición, Dirección de Coros e Dirección de Orquestra, coas máximas calificacións. Baixo a súa batuta actuaron cantantes como, por exemplo, Montserrat Caballé. Na actualidade imparte clases no Conservatorio Ana María Sánchez, de Elda (Alacante). Ademais, foi unha das primeiras mulleres en dirixir a Banda Municipal de Música da Coruña na historia da agrupación, no ano 2003.

Pola súa banda, Celia Torá, oriúnda de Abanilla (Murcia) iniciou os seus estudos de fagot con só nove anos na Escola de Música de Santísima Cruz e posteriormente ingresou no Conservatorio Profesional de Murcia co mestre Vicente Navarro. No ano 2012 deu continuidade aos seus estudos superiores no Conservatorio Superior de Música Manuel Massotti Littel. Este ano, no mes de marzo, dirixiu a BMMC no Teatro Colón no concerto 'En clave de igualdade', promovido coa intención dos actos polo 8-M, Día Internacional da Muller.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión