Na Galería Arte-Imaxe, na Rúa Ramón y Cajal da Coruña, expón Carlos Montero, arquitecto, pintor e debuxante de dilatada traxectoria artística.
Para público en xeral
Dende o 04/09/2015 ata o 06/10/2015
Xa rematou
A súa obra desentraña con mirada crítica, e á vez benevolente, a sociedade na que vivimos. O seu punto de partida é o ser humano e as súas relacións, que a través do filtro da súa imaxinación quedan reflectidas no papel ou o lenzo apoiándose na forza do seu debuxo. Isaac Díaz Pardo, Ánxeles Penas, Alfredo Conde ou Roberto Verino cualificaron a súa obra, presente en varios museos e institucións, como onírica, suprarrealista, surrealista, imaxinativa, “escribidor” de cadros... No que todos coinciden é que a súa obra segue esa liña invisible que une a todos os fabuladores da nosa terra.
Entidades

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

Dende o 05/11/2025 ata o 10/01/2026

Dende o 03/12/2025 ata o 28/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible