Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Exposición de pintura baixo o título "Expresións do Atlántico"

Marta Pardo de Vera, Marta López Castro e Guadalupe Sanjurjo Aler expoñen as súas obras na terceira planta da sede de Afundación.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 17/09/2015 ata o 03/10/2015

Xa rematou

Horario:

De luns a venres: de 17.00 a 21.00 h.

Sábados e festivos: de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h.

Enderezo:

AFundación. Cantón Grande 21-24. 15003 A Coruña

Prezo:

Gratuíta.

Di Marta Pardo de Vera que as súas obras e as das súas compañeiras de exposición son "moi diferentes", a pesar de que pertencen á mesma xeración e á mesma cidade. Ata o 3 de outubro poden verse as súas creacións na sala de exposicións da terceira planta de Afundación, no Cantón Grande. Son cadros das tres, de Marta López Castro, de Guadalupe Sanjurjo Aler e de Marta Pardo de Vera. Cada unha co seu particular estilo e as súas maneiras de entender a arte. Pardo de Vera apostou para esta cita por mostrar "un mundo de cor", por "contar cousas" a través dos seus pinceis e os seus lenzos, por capturar un momento concreto, conxelalo e evocar toda unha realidade ao seu redor, aínda que non se esquece, tampouco, dos retratos, das caras das persoas que lle poñen ollos, nariz e boca ás súas obras.

Marta López Castro, con todo, opta por inmortalizar A Coruña, e faio desde un punto de vista naif, segundo a súa compañeira de exposición, e valéndose moito da cor na súa paleta, de verdes, amarelos, azuis e vermellos intensos para facela protagonista das súas estampas da cidade.

Guadalupe Sanjurjo Aler colgou das paredes de Afundación retratos e paisaxes, "cun estilo máis académico" que o das demais e buscando a reflexión do seu público.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión