Nesta exposición, o fotógrafo galego José-Manuel Fachal Roel preséntanos unha selección de 20 fotografías nocturnas da Vía Láctea, realizadas en diferentes recunchos de Galicia.
Para público en xeral
Dende o 18/09/2025 ata o 02/10/2025
Xa rematou
De luns a venres: de 08:00 a 21:00 h
Sábados: de 08:00 a 14:00 h e de 17:00 a 21:00 h
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
de balde
Con máis de 20 anos de experiencia na fotografía dixital, Fachal é especialista en fotografía nocturna e de longa exposición, e o seu traballo foi recoñecido en certames internacionais como os Fine Art Photography Awards, os Chromatic Awards ou os 35TH Awards, onde acadou o 4º posto mundial na modalidade de faros en 2023.
As súas imaxes lévannos a descubrir a noite galega desde unha perspectiva máxica: ceos estrelados, paisaxes únicas e a beleza silenciosa da escuridade iluminada pola luz das estrelas.

Dende o 05/11/2025 ata o 10/01/2026

Dende o 03/12/2025 ata o 28/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible