Con motivo da "IV Xornada contra a trata de seres humanos", con esta exposición Médicos do Mundo pretende amosar algunhas realidades inmersas nos contextos da prostitución coa intención de visibilizalas.
Para público en xeral
Dende o 22/09/2015 ata o 30/09/2015
Xa rematou
1 semana
A exposición "Olladas contra a Trata" condensa en dezasete fotografías e en tres series a visión de catro autoras distintas sobre o fenómeno da trata con fin de explotación sexual e o seu impacto nas vidas das mulleres que a sofren en primeira persoa.
A primeira serie explora a viaxe que inician as vítimas inducidas polo engano e sustentadas polo imaxinario machista.
As emocións e sentimentos das mulleres constitúen a base de inspiración da segunda das series.
A loita contra o sistema de sostemento de valores patriarcais que subxace á prostitución é a proposta da última das series que se enfoca no lugar que ocupan os homes como clientes da prostitución, no mantemento da explotación.
Autores/as: Matteo Bertolino, Alba Taboada & Vanessa Moure e Noemi Chantada, voluntarias dunha das organizacións parte da Rede Galega de Loita contra a Trata.

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

Dende o 05/11/2025 ata o 10/01/2026

Dende o 03/12/2025 ata o 28/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible