Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Febreiro en Galicia

Durante o mes de Febreiro de 2022 Itaca propón unha exposición de pintura dividida en dúas partes, unha dedicada aos socios do proxecto e outra parte con presenza de artistas galegos e internacionais, fundamentalmente de México como convidados.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 03/02/2022 ata o 26/02/2022

Este evento xa rematou

Horario:

De luns a venres de 12.30 a 13.30 e de 18.30 a 20.30 h

Sábados de 12.00 a 14.00 h

Enderezo:

Sala de Exposicións ARGA. Rúa San Andrés 28, Bj. 15003 A Coruña

Prezo:

Gratuíta

Organiza:

ARGA

Itaca fai referencia a Internacional Tour de Arte e Cultura Asociación e nace en 2019 na Galería Prado Goyart de Madrid co obxectivo de chegar a convenios e acordos estables nos dous lados do océano Atlántico. Actualmente e a pesar dos difíciles tempos de pandemia son máis de 20 países asociados cuns 500 artistas en participación anual. Desde Rusia e países do leste de Europa ata América do Norte e Sur pasando por países escandinavos, centro Europa e mediterráneos.

Trátase de facilitar a difusión da arte internacional dos nosos asociados, partners e amigos convidados coa colaboración de galerías, museos, centros culturais e asociacións adheridas.

A exposición que presentamos é de temática libre, atopando diversos estilos e tendencias, desde unha parte máis figurativa, outra con incidencia na abstracción e un conxunto de obras onde estilos máis propios teñen o seu lugar. Trátase de ver unha representación máis ou menos ampla das diversas tendencias e estilos que se realizan en varios lugares do mundo. Participan artistas de Colombia, España, Italia, Mexico, Perú, Francia e Suíza, neste caso.

ITACA é un camiño para percorrer, onde as experiencias toman protagonismo por encima do destino final e a súa razón máis profunda de ser é usar a arte como medio de comunicación e fraternidade entre pobos diversos.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión