Contará con dúas sesións, o sábado 16 e o domingo 17 de marzo ás 20.00 h, no que intervirán poetas internacionais e galegos, estes últimos coordinados por Yolanda Castaño.
Para público en xeral
Dende o 16/03/2024 ata o 17/03/2024
Xa rematou
Dende o 11/03/2024
PRAZAS ESGOTADAS
Ás 20.00 horas
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
2,06 euros
A Casa das Ciencias acolle a fin de semana do 16 e 17 de marzo o festival de poesía e planetarios do proxecto europeo «Urban Travel Machines» («Máquinas de Viaxar Urbanas») no que intervirán poetas internacionais e galegos, que irán acompañados de imaxes proxectadas a toda cúpula desenvolvidas especialmente para cada poema.
O sábado 16 recitarán a poeta belga Julie Lombe, o poeta lituano Marius Povilas e as poetas galegas Alba Cid, Yolanda Castaño e Silvia Penas. O domingo 17 será a quenda do poeta grego Artemios Moulos, o surafricano Motswitla Hlakotsa, e as galegas Estíbaliz Espinosa, Dores Tembrás e Antón Lopo. Ambas as sesións terán lugar ás 20.00 h e estarán pechadas polo coordinador deste proxecto europeo, Philip Meersman, cunha interpretación poética interactiva co público.
As entradas para asistir sairán á venda o luns 11 de marzo ás 10.00 h nesta ligazón.
A coordinación dos e das poetas internacionais e do desenvolvemento das imaxes que os acompañan correu a cargo do xestor cultural belga Philip Meersman e a especialista audiovisual Janna Beck. Mentres que a coordinación das voces galegas estivo en mans da poeta e xestora cultural Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023, e as imaxes destes últimos foron xeradas polo creador italiano Vito Foderà e por Marcos Pérez, director técnico da Casa das Ciencias.
Proxecto «Urban Travel Machines»
Trátase dun proxecto financiado polo programa «Europa Creativa», que involucra desde outubro de 2022 a tres universidades (Escola de Arte, Deseño e Arquitectura, de Helsinqui-Universidade Aalto; Academia polaco-xaponesa de Tecnoloxía da Información, de Varsovia; e Real Academia de Belas Artes, de Anveres) e catro planetarios europeos (Tartu, en Estonia; Viena, en Austria; Bruxelas en Bélxica; e A Coruña) no desenvolvemento de contidos poéticos de inspiración científica.
O proxecto, que se prolongará ata o outono do 2024, cun festival de peche no planetario de Bruxelas, ten como finalidade organizar encontros creativos en universidades e festivais en planetarios co fin de promover obras poéticas contemporáneas, experimentais e innovadoras, para crear experiencias inmersivas no público de planetarios europeos, a través de actuacións en directo acompañadas de narracións orais e visuais.
PROGRAMA
- Sábado 16 de marzou. 20.00 h recital poético no planetario da Casa das Ciencias.
Domingo 17 de marzo. 20.00 h recital poético no planetario da Casa das Ciencias.

05/03/2026

05/03/2026
Dende o 26/02/2026 ata o 05/03/2026

05/03/2026
Sesión cancelada por peche da biblioteca.

05/03/2026

06/03/2026
Este espectáculo ten unhas características moi especiais cara á inclusión no ámbito cultural, que non só é un dereito, senón tamén un paso fundamental cara a unha sociedade máis equitativa e diversa.
As medidas de accesibilidade no teatro, do mesmo xeito que no resto das artes vivas, teñen un papel fundamental ao garantir que as persoas con diferentes tipos de discapacidade - visual, auditiva, motriz ou cognitiva - poidan gozar plenamente dos espectáculos, é polo que neste espectáculo impleméntanse as seguintes medidas de accesibilidade
1.- LSE durante todo o espectáculo.
2.- Visita táctil para persoas invidentes, unha hora antes da función. Acceso libre.
3.- Audiodescrición: As persoas que a soliciten deben levar as súas propios auriculares.
4.- Programa de man en Braille: dispoñible no despacho de billetes para préstamo durante o espectáculo.
5.- Programa de lectura fácil
**Se necesita das medidas de accesibilidade 2 ou 3 deberá comunicalo identificandose través do correo forummetropolitano@coruna.gal antes do día 4 de marzo as 15 horas.
En canto a Audiodescrición temos 8 aparellos que se confirmarán por orde de petición a través do correo forummetropolitano@coruna.gal e en canto a visita tactil deberán acudirse unha hora antes do evento.

06/03/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible