Homenaxe a José Luís García García
Para público en xeral
19/11/2016
Xa rematou
20.00 h
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Entrada con invitación que repartirá a Asociación Aturuxo
A Agrupación Folklórica Aturuxo, con máis de 60 anos de andaina no mundo do folclore, e pola que pasaron personalidades do mundo da cultura en xeral como Sebastían Martínez-Risco Macías, Francisco ValesVillamarín, Antón Naveyra Goday ou José Luís López Mosteiro; e especificamente do folclore galego como Adolfo Anta Seoane, María Vitoria Canedo, Juanjo Liñares, Edilberto Suárez Pedreira, Manolo Cajaraville ou as arquicoñecidas 'velliñas de Mens', vai render homenaxe ao que foi o seu último presidente (ata o pasado febreiro), JOSÉ LUÍS GARCÍA GARCÍA, cun festival folclórico no CENTRO ÁGORA.
José Luís García entrou na directiva de Aturuxo en agosto de 1976 e, polo tanto, permaneceu na agrupación case 40 anos, a maior parte deles como vicepresidente, na directiva que presidiu José Trillo Fernández-Abelenda, a quen sucedeu como presidente ao cesar este a finais de 2012.
Home traballador e cordial, fixo un labor tremendamente efectivo, en prol dos intereses de ATURUXO, sendo o artífice, entre outras moitas cousas, das novas instalacións da agrupación na avenida de Hércules e da réplica do mural que José Luís Rodríguez pintara no antigo local da agrupación (praza de María Pita, 1, baixo) que Aturuxo ocupou ata febreiro de 2006.
En recoñecemento a tantos anos ao servizo da asociación e por todo o labor desenvolvido, ATURUXO réndelle unha merecida homenaxe, cun festival folclórico no que participará tamén, como colaborador invitado, o Coro Galego de Santa Comba de Veigue.

19/12/2025

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h

Dende o 19/12/2025 ata o 20/12/2025

22/12/2025

23/12/2025

27/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible