Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Festival Mar de Mares

Ano tras ano o Festival Mar de Mares converte A Coruña na capital mundial dos océanos, un punto de encontro para todas as persoa amantes do mar, para quen vivir o mar non é só gozar da súa paisaxe, senón actuar para garantir a súa supervivencia e traballar para deixar uns océanos sans para as próximas xeracións. Artistas, científicos/as, activistas, educadores/as, cociñeiros/as, deportistas, aventureiros/as e emprendedores/as, e por suposto, o público, convértense durante uns días na voz dos océanos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 23/09/2021 ata o 26/09/2021

Xa rematou

Páxina web:

https://festivalmardemares.org/el-festival-2021/

Documentos:

Programa-FMDM2021-Gal.pdf (3 MB)

Desde a súa primeira edición en 2014, Mar de Mares reuniu a algúns nomes imprescindibles no estudo, a creación artística e a defensa dos océanos, como son David Doubilet, Cristina Mittermeier, Mandy Barker, Cristóbal Serrano, Jennifer Hayes, Daniel Beltrá, Lucy Gilliam, Telmo Aldaz de la Quadra-Salcedo, Skeleton Sea, Isabel Muñoz..., e moitos outros nomes que nos levaron a mares remotos e ás profundidades dos océanos para darnos a coñecer a impresionante beleza e a importancia vital dos mares nas nosas vidas.

Os mares galegos e as súas xentes foron tamén grandes protagonistas en todas as edicións; artistas, científicos/as, divulgadores/as, cociñeiros/as, navegantes, e activistas, entre moitos outros, emocionáronnos coas súas historias e obras sobre as costas de Galicia; Xulio Villarino, Jorge Candán, Iván Domínguez, Manuel Rivas, Sekone, Susana San Román, María José Arceo, Xosé Iglesias, Domingo Villar e Nacho Carretero, son só algúns dos nomes dos galegos e galegas que nos contaxiaron o seu espírito atlántico.

Nestes sete anos máis de 160.000 persoas gozaron das máis de 200 actividades programadas, unha cifra que nos enorgullece especialmente, porque o festival está pensado por e para a cidadanía e todos os anos o festival ofrece decenas de actividades participativas e abertas a todo tipo de público; exposicións, talleres activistas, encontros inspiradores, intervencións artísticas, ciclos de cinema, gastronomía, visitas intermareais, percorridos en veleiro, un mercado do mar... Unha programación lúdica e inspiradora para lanzar unha mensaxe realista sobre o presente e optimista en canto ao futuro, e achegar numerosas solucións e ideas que convidan á reflexión e á acción. E o mellor de todo, pensada para non deixar ninguén en terra, con actividades para todos os públicos e todas as idades; amantes da música, persoas apaixonadas da arte, para foodies e para tolos/as da navegación, para activistas da natureza e para emprendedores/as responsables e consumidores/as concienciados/as, para lectores/as e cinéfilos/as e para amantes da acción e o deporte.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión