Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Fíos Fóra

Amarante Setem e Roupa Limpa presentan "Fíos Fóra", un documental coral sobre as obreiras e o sector do téxtil galego. A produtora Illa Bufarda foi a encargada de elaborar o documental.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

12/11/2015, de 19:45 a 21:00

Xa rematou

Horario:

19:45 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Por moi finos que sexan, detrás de todos os fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil desde os 60 foron a man de obra perfecta e cativa para levantar unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este documental fai un nobelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema.

Con esta sinopse, Amarante Setem e a Campaña Roupa Limpa queren presentar o seu documental "Fíos Fóra. Historias de obreiras, entre costuras e patróns", que desde as conversacións de moitas persoas protagonistas narra o que foi o sector do téxtil galego desde o seu nacemento ata a súa deslocalización e o impacto deste modelo industrial.

Illa Bufarda foi a produtora creativa encargada de levar a cabo este traballo coral e diverso en voces e protagonistas, onde participaron ex traballadoras do téxtil en Galicia, personaxes vinculados ao sector empresarial e talleres e traballadoras do téxtil en Marrocos.

O documental culmina un proxecto de 3 anos dedicado á formación e sensibilización sobre a feminización da pobreza no sector téxtil, a denuncia sobre as condicións de explotación das traballadoras e as alternativas para un consumo responsable de roupa. Este traballo foi financiado pola Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.

Amarante Setem é unha asociación galega que traballa no ámbito da educación, o consumo responsable e a economía social. Fai campañas de sensibilización e incidencia política e forma parte da Rede Internacional Roupa Limpa desde hai 10 anos.

www.amarantesetem.org

Roupa Limpa é unha rede internacional presente en 16 países europeos que traballa en rede con 200 organizacións para dar voz ás traballadoras da confección a nivel global e mellorar as súas condicións laborais e de vida.

www.ropalimpia.org

Illa Bufarda é unha produtora integrada por dúas profesionais do sector audiovisual, Sabela Igrexas e Adriana P. Villanueva. Desde o ano 2012 traballan como proxecto cultural sensible e comprometido coa promoción e a divulgación da cultura desde un sector ben definido: a linguaxe audiovisual.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión