Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña
Xuvenil, Para público en xeral
Dende o 18/04/2023 ata o 26/04/2023
Xa rematou
20.00 h
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Entrada libre ata completar a capacidade
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización.
• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Universidade da Coruña - Normal
forummetropolitano@coruna.gal
PROGRAMA
Día 18 de abril de 2023
ALENTO - Espazo de Danza da USC
Coreógrafa: Rosa Acuña
Intérpretes: Ayla Leiva /Sonia L.Pumarega / Carmen Sarmiento
Duración aprox. 17 minutos
Alento é o primeiro e o último que temos nesta viaxe de vida. O que nos impulsa á acción e que nos frea ante as situacións difíciles. O que nos anima a bailar e a expresar. Que é o que che dá e quita o alento a ti?
CORPOS CELESTES - Aula de Danza da UVigo - Campus de Ourense
Intérpretes: Ainhoa Viñuela / Alicia Fraga / Ánxela González/ Daniele Tommasini / Diego Negro / Belén Ferro / Rosa Puga /Laura Lozano / Mercedes Ferro / Sira Gonzálezo.
Duración aprox. 15 minutos
Traballo de investigación sobre as traxectorias dos corpos celestes e as diferentes densidades do aire.
Á ESPERA DE ... - Aula de Danza Normal UDC
Coreografía: Alba Fernández Cotelo (coreografía colectiva)
Dirección: Alba Fernández Cotelo
Intérpretes: Daniela Castellanos / Remedios Cuba / Cristina Nogueira / AlfonsoLouro / Elías Álvarez / Fabiola Fraga / Tania Galán / Estefanía Calo /Ana Blanco / Aida García / Jacqueline Reimúndez / Marta Argüelles/ Lucía Castro
Duración aprox. 17 minutos
Pasamos a vida agardando por algo... "Á espera de..." é unha proposta escénica que reflexiona desde o movemento sobre o acto de esperar. Inspirada na obra de Samuel Beckett "Á espera de Godot".
Día 25 de abril de 2023
VERÁN DO 17 - Estrea da Aula de Teatro Normal UDC
Dirección: Rubén Ruibal e Laura Mariño Sánchez
Dramaturxia: Rubén Ruibal a partir de improvisacións e creación colectiva
Banda sonora: Andrés Rey
Intérpretes: Andrés Rey / Laura Pereira / R., Pedro / F. Lago / Pablo G. Lagoa / Elena Canido / Xeila Santiago L. / David M. Reboredo / Elena G. Ortigueira
Duración aprox. 45 minutos
Un suceso antigo pero aínda terrible. Un contratempo recente. Os cambios na vida. Crecer. O medo. Todo vai marcando a existencia de Sabela Roque, Toni e Elvis, que de súpeto senten que xa están noutra idade. Anos despois, un encontro casual co profesor de Física, Océano, leva a cuadrilla, e a todo o mundo, a lembrar aquel verán do 17.
Día 26 de abril de 2023
OBSERVACIÓNS SOBRE A FELICIDADE (COMPOSICIÓN E MANEXO) - Función da aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela
Dirección: Roberto Salgueiro
Dramaturxia: Roberto Salgueiro, a partir de textos propios e tamén de Aira Portos e Laura López
Intérpretes: Bárbara María Domínguez / Laura López / Aira Portos / Laura Codesido / Breixo Barreiro.
Duración aprox. 50 minutos.
- Estás equivocada. Falar da felicidade é falar de ciencia. A felicidade non é un asunto relativo ao espírito ou ao intanxible: é unha cuestión científica. A felicidade é unha cuestión de neurotransmisores, que son as biomoléculas que transmiten información entre neuronas; ou dende unha neurona ata as glándulas ou as células do noso organismo.
- O que digas. Pero a felicidade non é un asunto, medible ou pesable. Non é algo verificable, suxeito ao esquema ensaio-erro.
Entidades

19/12/2025

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h

Dende o 19/12/2025 ata o 20/12/2025

22/12/2025

23/12/2025

27/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible