Un dos eixos principais sobre o que pivota a fotografía de rúa é a observación do comportamento das persoas, como interactúan e como se interrelacionan, sobre todo nos espazos urbanos.
Para público en xeral
Dende o 12/07/2017 ata o 06/08/2017
Xa rematou
Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña
FRAGMENTOS é un proxecto aberto, non definitivo, que seguirá medrando e se cadra transformándose. Nel mostro pequenos xestos, persoas absortas, escontextualizadas, mostrando só parte da contorna que as rodea. Ao tempo, achego anacos do espazo urbano aparentemente sen interese, sen presenza humana.
Neste traballo propoño, por tanto, unha foto de rúa afastada do momento decisivo, do extraordinario, de xustaposicións ou de imaxes en ton humorístico. Busco a simpleza, o esencial, a luz, amosando retratos de persoas "anonimizadas", sen rostro. Un pequeno xesto, máis ca unha mirada; un detalle no chan, máis ca unha paisaxe urbana. Silencio contraposto ao habitual ruído urbano.
Unha serie de nove fotografías deste traballo foi elixida Finalista no StreetFoto San Francisco - Internacional Street Photography
Awards 2017, categoría series.
Alberte A. Pereira
Alberte é un fotógrafo autodidacta e independente. Despois dos seus primeiros contactos nos anos 80, é a partir do 2012 cando realmente se implica na fotografía e se decanta pola fotografía de rúa sobre todo, mais tamén lle interesa a documental e a reportaxe.
Unha pequena cámara é a súa compañeira e ferramenta coa que actualmente se adica a percorrer as rúas e ser testemuña do que pasa nelas.
O seu interese pola fotografía fixo que realizase cursos e talleres con renomeados fotógrafos como José Manuel Navia, Eduardo Momeñe, Walter Astrada e Óscar Molina, entre outros.
As suas imaxes teñen sido publicadas en medios escritos e dixitais e foron expostas en salas de Vigo, Santiago, A Coruña, Ferrol, Lisboa, Miami, San Francisco, Londres...
En 2016, xunto con outros tres fotógrafos, crearon Quitar Fotos. Un espazo de reflexión, diálogo e difusión de propostas visuais de rúa e documentais.
Dende o 10/05/2024 ata o 11/05/2024
Dende o 10/04/2024 ata o 21/05/2024
Dende o 19/01/2024 ata o 30/06/2024
Dende o 20/06/2023 ata o 30/06/2024
Dende o 15/03/2024 ata o 14/07/2024
Dende o 22/03/2024 ata o 01/09/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible