Concerto Cubalicia – Eduardo Coma – Quinteto Cimarrón – Orquestra Gaos
Para público en xeral
29/01/2022
Xa rematou
20.30 h
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
5,00 €
Music Arte Rey Saavedra S.C
agora@coruna.gal
Coa participación do Quinteto Cimarrón e a Orquestra Gaos, é un traballo con tres vertentes ben marcadas: a sinfónica, a jazzística e a tradicional. Na vertente sinfónica destacamos o traballo de interacción entre o Quinteto Cimarrón e a Orquestra Gaos, as cores logradas nos matices, os golpes de arco utilizados que debuxan efectos variados para lograr transmitir diferentes estados de ánimo, todo isto grazas a unha técnica moi depurada debido ao estudo sistemático de todos os integrantes deste proxecto, no que se manifiesta a calidade do ensino clásico en Galicia e Cuba. O punto jazzístico pono o Quinteto Cimarrón que ten grande experiencia neste tipo de música, na que a improvisación é un elemento primordial desde o coñecemento harmónico das pezas e o uso da técnica como un elemento enriquecedor. A parte tradicional atopámola nos diferentes estilos que escoitaremos deste traballo Cubalicia, destacando a peza Muiñeira-Habanera de Blanco Amor, na que, musicalmente é unha muiñeira mesturada cunha habaneira, dous estilos de pezas tradicionais de Galicia e Cuba, cantada por Irene Cerqueiro con letra adaptada dun poema titulado Muiñeira de Eduardo Blanco Amor. Este traballo está feito en Galicia e ten o propósito de dar a coñecer a calidade dos músicos formados polo sistema da educación dos conservatorios de Galicia, grazas á participación da Orquestra Gaos, integrada na súa totalidade por músicos/as galegos/as.
VENDA DE ENTRADAS
26/04/2024
26/04/2024
26/04/2024
27/04/2024
Dende o 05/04/2024 ata o 30/04/2024
Os días 04/04/2024 ás 21:00 , 05/04/2024 ás 22:30 , 06/04/2024 ás 21:30 , 11/04/2024 ás 21:00 , 12/04/2024 ás 22:30 , 13/04/2024 ás 22:00 , 15/04/2024 ás 21:00 , 18/04/2024 ás 21:00 , 19/04/2024 ás 22:00 , 20/04/2024 ás 22:30 , 25/04/2024 ás 21:00 , 26/04/2024 ás 22:30 , 27/04/2024 ás 22:30 , 30/04/2024 ás 22:00
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible