Un ano máis a Escola de Danza Druída celebra o seu festival de fin de curso no auditorio do Centro Ágora.
Para público en xeral
29/06/2023
Xa rematou
19.00 h
Pídese puntualidade
Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala.
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Entrada: 9,00 €
Menores de 2 anos: 1,00 €
Casa de Andalucía
Don Quixote (ballet)
Don Quixote na actualidade refírese case exclusivamente á versión con coreografía e libreto de Marius Petipa e música de Ludwig Minkus, con prólogo e tres actos.
A obra de Petipa baséase libremente nun capítulo da novela Don Quixote da Mancha, de Miguel de Cervantes, no que se relata o romance entre o barbeiro Basilio e a moza Quiteria (Kitri no ballet).
Prólogo
Don Quixote está no seu estudio, lendo libros de cabalarías e cae durmido. Nos seus soños ve a súa amada Dulcinea. Ao espertar, trastornado polo que leu, decide armarse cabaleiro andante e pídelle ao seu criado Sancho Panza que o vista cunha armadura e sae en busca de aventuras.
Primeiro acto
Na praza dun mercado, a moza Kitri é obrigada a comprometerse en matrimonio co home rico do pobo, pero Kitri ama ao barbeiro Basilio. Don Quixote chega ao pobo e confunde a Kitri coa súa amada ideal, Dulcinea. Kitri e Basilio foxen.
Segundo acto
Kitri e Basilio chegan a un campamento xitano. Os xitanos acóllenos e entón aparece Don Quixote con Sancho; os xitanos convídano aos bailes e teatros de monicreques, e Don Quixote, na súa tolemia, confunde os monicreques con soldados inimigos e aos muíños de vento con xigantes hostís. Pelexa cos muíños e cae desmaiado, todos foxen deixándoo só, e soña que está no xardín da súa amada Dulcinea, xunto ás dríadas do bosque. Ao espertar do seu soño está o seu amigo Sancho agardándoo. e continúan as súas aventuras.
Terceiro acto
Á taberna do pobo chegan Basilio e Kitri a saúdar os amigos. Lémbranlle a Kitri o seu compromiso de voda. De súpeto entra un descoñecido, que non é máis que Basilio, e nun ataque de suposta tolemia finxe suicidarse e pide como último desexo casar con Kitri. A nai de Kitri accede, e entón Basilio deixa de finxir e únese a Kitri.
Na praza do pobo celébranse as vodas de Kitri e Basilio.
VENDA DE ENTRADAS
Entidades

22/12/2025

23/12/2025

27/12/2025

Os días 27/12/2025, 28/12/2025

29/12/2025

Os días 03/01/2026, 04/01/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible