Con esta mostra pecho unha tetraloxía de exposicións que foron acollidas en varios espazos da Coruña nos últimos tres anos: Morfuturo, Libredón 2.0, Fascinosfera e a que agora presento na Casa Museo Casares Quiroga.
Para público en xeral
Dende o 06/03/2020 ata o 29/03/2020
Xa rematou
Inauguración: venres, 6 de marzo ás 19:30 h
Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña
de balde
Unha vez máis achego á cidade herculina os meus alterentes, criaturas dun espazo-tempo alén da imaxinación, materia xeolóxica transmutada en ser vivente con trazos tanto humanos como alieníxenas ou, a miúdo, adoptando aparencia animal, nun estilo que rende tributo tanto a antigas civilizacións coma ao universo da ciencia ficción que tanto me influíu na miña nenez.
Como complemento á produción escultórica incorporo a esta mostra unha escolma da miña obra pictórica recente, na que asexa a presenza de seres híbridos humano-extraterrestre e figuras zoomórficas, retratados cun estilo fluído e heterodoxo que resalta a importancia do suxeito, revelándose entre o abraio e o desacougo como protagonistas dunha utopía cósmica que posiblemente só consigamos albiscar a través da imaxinación dos seres máis complexos que ten alumado o Universo, é dicir, nós.
Dende o 10/05/2024 ata o 11/05/2024
Dende o 10/04/2024 ata o 21/05/2024
Dende o 19/01/2024 ata o 30/06/2024
Dende o 20/06/2023 ata o 30/06/2024
Dende o 15/03/2024 ata o 14/07/2024
Dende o 22/03/2024 ata o 01/09/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible