A imaxe NO-DO apropiouse de elementos culturais galegos na construción dun discurso estereotipante de Galicia, nun claro obxectivo de desactivación simbólica do diferencial.
Para público en xeral
Para público en xeral
25/03/2022
Xa rematou
20.00 h
50 min
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
de balde
Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"
agra@galizacultura.gal
NO-DO, acrónimo de Noticiario Documental, foi o organismo de propaganda cinematográfica do réxime franquista e nel e a través del inventáronse e promocionáronse un gran número de arquetipos sobre Galiza. Isto convertiu a NO-DO nun potente aparato de representación cultural.
Dos 6000 materiales do arquivo NO-DO moitos fan referencia explícita a Galiza e á cultura galega presentada dun xeito esterotipado, subalterno e dende una óptica profundamente colonial. Así, o esterotipo, o tipismo folclorista e a homoxeneización convertíronse nas principais ferramentas de representación de Galiza nas imaxes do réxime.
Esta representación galaiquista de Galiza e o galego tivo severas consecuencias de cara o futuro xa que produciu, definiu e representou-nos ata tal punto que os tipos folcloristas derivados dese exercicio de poder incidiron notablemente -de xeito transversal; colectiva e individualmente- na forma na que Galiza se pensa hoxe a sí mesma e o xeito no que produce representación cultural no marco dun sistema turístico capitalista que tende a mercantilizar e capitalizar os elementos etnicitarios reducíndoos a "tipos" consumibles á venda.
Beatriz Busto Miramontes é profesora na Área de Antropoloxía Social, Facultade de Filosofía, na Universidade de Santiago de Compostela; participa no Grupo Galabra (https://redegalabra.org).

Dende o 18/12/2025 ata o 20/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 20/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible