Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

HOLI

Un ano máis, El Ruiseñor leva a escena un espectáculo de teatro con motivo de celebrar o fin de curso 2014/2015. HOLI é unha obra homenaxe aos coloridos musicais de Bollywood, escrita e dirixida por Susana Crespo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

05/07/2015, de 19:00 a 20:20

Xa rematou

Horario:

19.00 h.

Duración:

80 minutos

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

5 €

VENDA DE ENTRADAS:

  • Despacho de billetes Pza. de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h. (pago en efectivo)
  • Despacho de billetes do Ágora: o mesmo día desde 1 h antes (pago en efectivo)
  • Despacho de billetes do Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia: de luns a sábado e días festivos de 9.00 a 21.00 h. (pago en efectivo ou con tarxeta)
  • Televenda: 902 504 500 - www.ataquilla.com

Televenda:

Ataquilla.com

Uns 120 alumnos de todas as idades, achégannos á India e á súa cultura exótica, marabillosa e chea de cor para vivir esta historia de amores, traizóns e vinganzas en clave de humor, danza e musical.

Unha moza campesiña, doída e traizoada no amor polo Príncipe Nimai a favor doutra muller, decide raptar ao seu primeiro fillo home e abandonalo á súa sorte na selva.

Lonxe de morrer devorado polos animais salvaxes, é criado por Ashna, unha Gorila que o acolle como seu. Chegado a unha idade, Ashna devólveo á "terra dos homes" para que atope a felicidade entre os da súa mesma raza. Esta forma de vida descoñecida para Tuka, o noso protagonista, poñerao a proba de supervivencia, tendo que pasar por difíciles retos e obstáculos na súa busca da felicidade. No seu camiño atopará amigos, inimigos e o amor da súa vida.

Dirección: Susana Crespo.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión