Director invitado: Frank de Vuyst
Para público en xeral
22/02/2019
Xa rematou
20:00 h
de balde ata completar a capacidade
CURRÍCULO DO DIRECTOR
Director belga, residente en España, onde foi director titular de bandas sinfónicas como o Ateneo Musical de Cullera ou a Harmónica de Buñol, entre outras. Actualmente é director titular da banda sinfónica "Uniu Musical" de Torrent (Valencia), e da "Agrupació Artística Musical" de Denia.
Como director actuou en diversos países como Bélxica, Holanda, EEUU, Arxentina, Colombia, Costa Rica, Perú, Corea do Sur, Portugal ou España.
En 2008, é nomeado director fundador da Banda Sinfónica Xuvenil da Rede de Escolas de Música de Medellín, posto a que ocupa ata 2016.
Foi director artístico do Congreso Internacional de Música para Banda, que organizou a Alcaldía de Medellín desde 2010 ata 2014, congreso que en poucos anos converteuse no evento bandístico máis importante de Latinoamérica.
Desde 2013, é director artístico da Wind Orchestra Zaragoza (WOZ), banda profesional residente do auditorio de Zaragoza.
No ámbito da educación ten unha longa experiencia como profesor de dirección, formando directores en España e Latinoamérica especialmente.
É profesor convidado da Mestría en dirección na Universidade Javeriana de Bogotá (Colombia), desde 2015.
Fixo gravacións para selos discográficos de España, EEUU, Xapón, Bélxica e Colombia.
No seu palmarés ten varios certames dentro e fóra de España. Está en posesión da Batuta de Ouro do Certame Internacional "Vila d'Altea" e é o único director que o gañou cinco veces.
PROGRAMA:
- Iª PARTE
Spartacus - A. Khachaturian / transcr. F. De Vuyst
I. Adagio de Spartacus e Phrygia
II. Escena e danza con Crotalums
III. Variacións de Aegina e Bacchanalia
A procession to Calvary - Kevin Houben
IIª PARTE
A Torre do Ouro - Gerónimo Giménez
Bestiarium - varios autores
I. Peixes tropicais - Bert Appermont
II. A balea - Philip Sparke
III. A Mosca - Oscar Navarro
Danzón nº 8 - Arturo Márquez / transcr. F. De Vuyst
VINDEIROS CONCERTOS:
10 de marzo no Pazo da Ópera ás 12.15 h. Director titular: Juanjo Ocón
24 de marzo no Pazo da Ópera ás 12.15 h. Director titular: Juanjo Ocón

20/12/2025

20/12/2025

26/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

23/01/2026

24/01/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible