Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

James Holden & The Spirit Animals

Concerto incluído no Noroeste Pop Rock dentro do programa de Festas María Pita 2018.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

08/08/2018

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

16,00; 18,00; 20,00 e 22,00 €

Televenda:

Ticketea

Hai xa máis dunha década que o produtor británico de música electrónica e DJ James Holden debutou con The Idiots Are Winning (2006), e provocou que medios como The Guardian se atrevesen a afirmar que era "o máis cegador debut na electrónica desde Music Has The Right To Children, de Boards Of Canada". No seu segundo álbum, The Inheritors (2013), seguiu evocando os citados Boards Of Canada, coa súa rigorosidade rítmica, pero tamén á psicodelia de Cluster e Popul Vuh. A finais de 2017 viu a luz o seu terceiro traballo co título de The Animal Spirits , nome da súa banda de acompañamento actual, coa que o rexistrou en Londres. Nel Holden experimentou unha transformación bastante radical, buscando, en palabras do propio artista, algo próximo ao "jazz espiritual interpretando música de transo folk". Os seus sintetizadores non perderon nadiña de nada do seu vigor melódico, pero engadiu a vibración orgánica de ventos e percusión gravados en directo dando lugar á "súa obra máis ambiciosa, pero tamén a máis accesible".

Venda de entradas

Despacho de billetes Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes Teatro Rosalía: só abre días de función de 16 a 20 h

Televenda: 902 044 226

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión