Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

"La guarida de los sentidos" de ElPetit & Imaginart

Almofadas que falan, roncan, rin e cantan. "La guarida de los sentidos", premio Feten 2024 á mellor instalación, é un espazo de bebés para compartir en familia, para relaxarse e gozar, pregándose na confortabilidad do propio niño. 

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

23/02/2025

Inicio de vendas para este espectáculo o venres 21 de febreiro ás 11.00 h

Xa rematou

Horario:

11.30 e 13.00 h

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

ENTRADA: 6,00 €

ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 15,00 €

MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

Cousas que debes saber antes de virnos ver:

  • Esíxese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que comece a función.
  • Todas as persoas que accedan ao recinto onde terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan e de se ocupan ou non butaca.
  • Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (excepto auga).
  • Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
  • A capacidade da sala é limitada, polo que che recomendamos adquirir as túas entradas con antelación para asegurar a túa praza.
  • Por cuestións de seguridade, os carriños e cadeiras de bebé deben permanecer fóra da sala.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a representación.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

agora@coruna.gal

AF-triuptico-Bebescena.pdf (1 MB)

Esta instalación sensorial ten espazos estimulantes que a primeira infancia pode percorrer e descubrir en liberdade e con seguridade; e onde os seus acompañantes poden estar con elas e eles, deixándose guiar pola súa curiosidade. É unha experiencia inmersiva para descubrir, imaxinar e soñar.

VENDA DE ENTRADAS

As entradas poderanse adquirir a partir do venres anterior a cada espectáculo.

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Ágora: dende unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Pagamentos: no despacho de billetes da praza de Ourense, na do Ágora e na venda en liña con tarxeta de débito ou crédito, excepto American Express

Máis información: www.coruna.gal/cultura

Tamén che pode interesar...

  • Berenguela 28.03.2026

    TODO PÚBLICO Primavera 2026 - "Berenguela na gaiola", de Galeatro e Xarope Tulú

    Cando:

    28/03/2026

  • Os ratos de Lonxedetodo no campo

    Merendas con contos: Avós

    Cando:

    28/03/2026

    Inscricións:

    Dende o 21/03/2026 ata o 28/03/2026

    Require inscrición
  • Sesión Merendas con contos

    Merendas con contos: Avós

    Cando:

    31/03/2026

    Inscricións:

    Dende o 24/03/2026 ata o 31/03/2026

    Require inscrición

  • “Voa, voa!”, de Talía Teatro

    “Voa, voa!”, de Talía Teatro (auditorio)

    Cando:

    31/03/2026

    Inscricións:

    Dende o 27/03/2026 ata o 31/03/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

  • “O son que me arrola”, da Asociación socioeducativa Antonio Gandoy

    “O son que me arrola”, da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

    Cando:

    06/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 03/04/2026 ata o 06/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 6 meses a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • "Momento musical para bebés", de Lydia Botana

    Cando:

    07/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 03/04/2026 ata o 07/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión