Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Letras Galegas 2023: Romaría, contos e lendas da nosa terra con Raquel Queizás

Baixo o lema "Sinte en galego: Letras Galegas 2023", as Bibliotecas Municipais queremos convidar a veciñanza a sentir en galego, organizando diversas actividades a partir do venres 12 de maio e ata o venres 19 onde o galego será o epicentro da festa. As bibliotecas visibilizamos o compromiso coa lingua e literatura de noso ao longo do ano, pero estes días en especial ofertamos contacontos, obradoiros, monicreques e outras actividades para diversas idades.

A quen vai dirixido?:

Público infantil de 3 a 8 anos, ambas as idades incluídas.

A quen vai dirixido:

Infantil, Familias

Cando:

18/05/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 11/05/2023 ata o 18/05/2023

Require inscrición.

Horario:

Das 18.00 ás 19.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Número de prazas:

30

Hashtag:

#SinteEnGalego

Contacto:

Teléfono: 981 189 886

Correo electrónico: bagora@coruna.gal

Da man da contadora de contos e actriz Raquel Queizás, as crianzas de 3 a 8 anos desfrutarán na sala infantil da Biblioteca Ágora de Romaría, un espectáculo de narración oral onde as nosas lendas tradicionais achegan o mundo rural e antigo aos/ás máis pequenos/as, descubríndolles un modo de vida descoñecido para os/as máis deles/delas.

Argumento:

Queliña, unha nena de aldea, ten que rematar de apañar as patacas para que a deixen ir á romaría. Alí quedou coas amizades para brincar, bailar e facer carreiras de sacos. Cara á tardiña, antes de que remate a festa, todas as nenas e nenos buscan a avoa Tareixa para que lles conte lendas, lendas para perder o medo.

Á velliña xa lle falla a memoria e é moi despistada, pero as historias que escoitou de nena, esas non as esquece: lendas de mouras encantadas en fontes, historias de sacos que cantan e lendas que seguen mantendo as crianzas atentas, abraiadas, coa boca aberta, escoitando cómplices.

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión