Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Letras Galegas 2023: Sinte en galego

E ti, les, escoitas, miras... sentes en galego?

Baixo o lema "Sinte en galego: Letras Galegas 2023", as bibliotecas municipais queremos convidar á veciñanza a sentir en galego, organizando diversas actividades, a partir do venres 12 de maio e ata o venres 19, onde o galego será o epicentro da festa.

As bibliotecas visibilizamos o compromiso coa lingua e literatura de noso ao longo do ano, pero estes días en especial ofertamos contacontos, obradoiros, monicreques e outras actividades para diversas idades, onde contaremos con artistas tan fantásticos como Caxoto, Pablo Pablísimo ou Raquel Queizás, coa intención de poder ler, escoitar, mirar..., sentir en galego!

O ramo poñerao o concerto de ÁgoraSon que, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística, trae a Abraham Cupeiro ao centro Ágora co seu espectáculo "Os sons esquecidos" o venres 19 de maio.

A estas accións lúdicas e formativas, engadiremos mostras para amosar á cidadanía os recursos bibliográficos e audiovisuais galegos que ten ao seu dispor nos nosos andeis e nas nosas canles dixitais, onde estará activo ademais o concurso "Chío de Letras" na rede social Twitter.

Desde as bibliotecas queremos tamén facer constar a nosa satisfacción porque este ano se homenaxee a Francisco Fernández del Riego, quen estivo intimamente ligado co sector do libro non só desde o eido editorial senón tamén desde o bibliotecario, como director da biblioteca da Fundación Penzol e presidente e socio de ANABAD-Galicia, entre outras achegas.

CONCURSO "CHÍO DE LETRAS" 2023

Gustaríanos animar ás nosas seguidoras e seguidores a empregar o galego tamén en redes sociais, por iso, decidimos pór en marcha un concurso de chíos escritos en galego que estará activo ata o propio 17 de maio durante todo o día. Un chío é unha anotación ou mensaxe na rede social Twitter e ten un máximo de 280 caracteres.

Pica nas bases para máis información.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión