Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Libros en directo: El club de los raros de Jordi Sierra i Fabra

Jordi Sierra i Fabra publica unha novela para nenos de 8 a 10 anos onde conta a historia de Hugo, tartamudo e Bernardo, disléxico. O matón da clase failles a vida imposible porque pensa que son raros. Por iso os dous amigos deciden fundar un club, onde sentirse menos sós e máis seguros. Que sorpresa vanse a levar cando descubran que non son os únicos que queren formar parte do Club dos Raros! O normal é ser raro. Todos o somos. Por iso, o máis importante é aprender a rirse dun mesmo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

17/12/2015 ás 20:00

Xa rematou

Horario:

20.00 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade.

Organiza:

Polisemias

Jordi Sierra i Fabra naceu en Barcelona o 26 de xullo de 1947. Ten unha clara e firme vocación de escritor desde moi novo, pois confesa que deu os seus primeiros pasos con tan só oito anos de idade. Con doce escribiu a súa primeira novela longa, de cincocentas páxinas. Os seus pais amosáronse pouco entusiasmados con esta actividade, posto que non confiaban na profesión de escritor coma un traballo con futuro. Cando rematou o bacharelato empezou a traballar nunha empresa de construción. Tivo as súas primeiras incursións profesionais na música, outra das súas grandes paixóns. Foi un dos fundadores do programa da Cadea Ser "El Gran Musical", e en 1970 abandonou os estudos para converterse en comentarista musical, o que lle permitiu viaxar por todo o mundo con grupos e artistas do momento para cubrir as súas actuacións e escribir reportaxes.

Igualmente foi un dos membros fundadores da revista Super Pop en 1977, dedicada á música nova. En 1978, e tras nove anos, dimitiu do posto de director de Disco Exprés, e foi finalista do Premio Planeta de Novela. A súa dedicación á literatura incrementouse entón.

En 1981 logrou o Premio Gran Angular de literatura xuvenil por El cazador, e repetiu dous anos máis tarde con En un lugar llamado tierra. Volveu facerse con el en 1990 por El último set. Ao longo da súa carreira obtivo cuantiosos galardóns, como o Premio Barco de Vapor de literatura infantil (2010), o Ateneo de Sevilla en 1979, Premio Edebé de Literatura Infantil (1993) e o de Literatura Xuvenil (2006), o Premio A la Orilla del Viento de México (1999) e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 2007 e o Premio Cervantes Chico en 2011, entre outros moitos.

Impartiu numerosas charlas sobre literatura infantil e xuvenil, ocupación que segue desenvolvendo aínda hoxe en centros de ensinos, bibliotecas e outras institucións de España e Hispanoamérica. Conta coa Fundación Jordi Sierra i Fabra, creada a prol do fomento da lectura e da escritura entre os máis novos, que, desde 2006, entrega o premio literario que leva o seu nome para novos escritores.

As súas obras sumáronse unha tras outra, do mesmo xeito que os recoñecementos que cultivou ao longo da súa carreira. Algúns dos seus libros foron adaptados ao teatro e ao cine, e é un dos autores máis vendidos en castelán. Entre os seus traballos tamén atopamos numerosas biografías de artistas internacionais de rock, como John Lennon, Michael Jackson, Bob Dylan, The Beatles ou Rolling Stones.

 

Patrocina: Concello da Coruña.

Organiza: Polisemias.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión