Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Libros en directo "Rayos" de Miqui Otero

A novela de Miqui Otero é máis íntima e poderosa, retrata unha realidade complexa cunha mirada luminosa. Caleidoscópica, sutil e, sobre todo, viva.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

02/11/2016

Xa rematou

Horario:

O encontro comezará ás 20.00 horas e realizarase no Centro Ágora.

 

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Libre e gratuíta ata completar a capacidade

 

 

Organiza:

Polisemias

Contacto:

Tel.: 981 189 888

 

Fidel Centella vaise da casa sen saber que busca, e quizais por iso todo lle chegará por sorpresa: o dilema de se Bárbara, a moza que rouba e asubía, ou Diana, a que ten moito e o ofrece todo; as fazañas no ruinoso piso compartido que apenas dorme; as lendas urbanas dun barrio con case tanta cor como sombras; os brindes co seu pai enfermo. Sempre rebotando entre a memoria galega da súa familia emigrante e a promesa de moitas vidas posibles. Cando queira orientarse, mirará os raios de luz que nacen na montaña da súa cidade. Eses que, coma Xusto, Iu e Brais, sempre estiveron aí. Os que, coma os seus amigos, brillan máis cando todo está escuro. Os que lle mostran o camiño á casa.

Miqui Otero é moitas cousas, porque non para, pero detrás delas escóndese a súa única e máis poderosa vocación: escribir. Novelista, xornalista, organizador de eventos emocionantes (codirixe os festivais Primera Persona, do CCCB, e Cinema Low Cost, do Arts Santa Mònica), colaborador en múltiples medios como El País e Fotogramas, e agora tamén profesor de xornalismo e literatura na UAB. En 2010 publicou o seu aplaudido debut en narrativa Hilo Musical (Alpha Decay), e participou noutros libros colectivos.

Durante o resto do tempo (aínda queda tempo!), Miqui vive rodeado de historias. Historias que imaxina acotío e que escribe en segredo desde moi pequeno, probablemente contaxiado por esa gran canteira da fantasía que é Mondoñedo (berce de Álvaro Cunqueiro, e de personaxes míticos como o Rei das Tortas ou o Mago Merlín), onde pasou todos os seus veráns; tamén historias que escoita, sempre predisposto (será por vocación), en bares ou adegas con nome propio como Ramón ou Rafel (xa amigos seus), no Mercat de Sant Antoni: as súas sempiternas ganas-de-saber-máis se mostran tan sinceras a ollos dos demais, que Otero acaba sempre decatándose de historias incribles sobre ucraínos sen pasado, bangladeshíes sen presente e outros moitos heroes sen futuro; e pasaremos por alto as outras historias, as que le, porque iso daría para un capítulo moi longo. Diremos só que empezou no mundo dos libros coma nós, con Rodari. E con iso estamos a dicir moito.

Quizais por ter a cabeza sempre nun lugar mellor ca este, Miqui é especialista en perderse pola cidade. Perderse a secas, sen ningún sentido poético ou bohemio. Conta a lenda que unha vez pediulle a un taxi que o levase á casa, estando a 50 m dela. Con todo, a nosa teoría é outra: cremos que durante moito tempo estivo gardando nunha caixiña todas as súas capacidades de orientación para investilas neste proxecto tolo (coma os mellores proxectos) que é a cápsula do tempo: o mapa mental que construíu para esta novela é moito máis complexo que o de todas as cidades xuntas. E sen taxis.

Desde que xurdiu a idea deste libro nunha noite de cervexas e nostalxias (o combo máxico), foi puro privilexio intentar seguir o ritmo de Miqui durante a creación: cada reunión para acoutar a trama acabou servindo soamente para acordar facela moito máis complexa, e cada intento de poda só serviu para acabar aceptando con entusiasmo cada novo brote. E sempre, todo, culpa da ilusión, que é o que move a Otero, e o que en Blackie sempre nos negaremos a frear.

O libro estivo a piques de chamarse "Noche de Reyes", pero o título xa o tiña "collido" Shakespeare. Para ser concretos, a obra titúlase "Noche de reyes", ou O QUE QUEIRADES. Ocórresenos que o segundo título do inglés aínda se adecuou máis á cápsula do tempo. Porque o que Miqui Otero non sabe é que con este libro conseguiu algo asombroso: que unha obra tan descomunal poida, prodixiosamente, resumirse en algo tan puro coma iso: O QUE QUEIRADES.

 

Patrocina Concello da Coruña

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión