A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros organiza a exposición "Expediente Velo"
Para público en xeral
Dende o 02/02/2026 ata o 21/02/2026
Luns a venres das 8.00 ás 21.00 h
Sábados das 9.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 21.00 h
Domingos e festivos pechado
Entrada gratuíta
Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros
Animal político, Xosé Velo non foi animal de rabaño. Aínda que se mantivo ata a morte na órbita do galeguismo no que empezou de mozo, puxo sempre por diante a súa conciencia (ou o instinto) aos ditados de calquera organización. Nin atopou acubillo definitivo nin deixou herdeiros políticos directos. Se cadra é por iso que, a pesar de vivir en primeira liña a República, a guerra e a resistencia antifranquista, tanto no interior como no exterior (co máximo protagonismo no episodio soado do secuestro da Santa María), segue sendo un recordo borroso para a xente vella, unha figura semidescoñecida para a xeración intermedia e nada en absoluto para a xente máis nova. Menos coñecidos aínda son os seus escritos. É certo que non puido ou non quixo facer carreira de escritor, pero nunca deixou completamente de escribir e, en menor medida, de publicar.
Tocou moitos paus: poesía, ensaio, artigos, prólogos, discursos, cartas... Case sempre movido polas urxencias históricas de cada día; ás veces, tratando de descifrar unha estraña música que escoitou por primeira vez nalgún lugar oculto de Celanova.
Entidades
Actividades relacionadas

Dende o 26/01/2026 ata o 30/01/2026

Dende o 31/01/2026 ata o 26/02/2026
Inauguración, sábado 31 de xaneiro ás 18:00 h.

Dende o 09/01/2026 ata o 28/02/2026
Entrada libre

Dende o 03/12/2025 ata o 28/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible