#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecerlle un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.
Para público en xeral
05/10/2026
Acceso libre ata completar a capacidade
Das 19.00 ás 20.00 h
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O luns 5 de outubro ás 19 h. temos, na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano, a presentación do libro "Los cuentos de Hildur de Greikar (Las crónicas de Nemus)" de Xosé Nieto e Víctor Gondra (Autores) e Josune Amboage (Redactor)
Acceso libre ata completar capacidade.
Nemus é un mundo grande. E eu, Hildur de Greikar, percorrino case de maneira total. Desde o meu fiordo natal na xeada Skallagaard, ata as melancólicas cidades do Antigo Imperio no continente oriental. Desde as amplas pradarías de Oxania en setentrión, ata a colonia de Azatgrad, onde o mundo deixa de ser civilizado.Vin moitas cousas. Algunhas mundanas, outras insólitas e prodixiosas. Coñecín a toda clase de personaxes: covardes e ousados, ruíns e bondadosos, avaros e xenerosos; todos eles protagonistas das súas propias historias.Sentade comigo xunto a este lume acolledor. Permitide que a maxia das palabras empuxe vosas veas ata os confíns máis remotos de Nemus.
"Los Cuentos de Hildur de Greikar" é unha colección de 18 historias autoconclusivas ambientadas no mundo de Nemus. Cada un dos relatos céntrase nunha rexión diferente e están escritos para cubrir multitude de xéneros; desde un retelling dun conto de fadas, a unha historia de pantasmas, un suceso pulp ou unha novela de viaxes ao estilo de Marco Polo. Nemus é un mundo de fantasía estruturado e coherente, coa peculiaridade de non estar inspirado nun universo de cabaleiros medievais, senón no mundo que naceu inmediatamente despois da caída do Imperio Romano de Occidente, a nosa Idade Escura. Isto é o que sucede cando se mesturan Beowulf, o ciclo artúrico e conspiracións bizantinas cun resaibo á Terra Media e ao círculo de Lovecraft.
AUTORES:
Víctor Gondra
Nado en 1980 e deseñador de formación, Víctor traballou na industria dos xogos en todos os seus ámbitos, incluíndo a dirección de campañas de crowdfunding e a consultoría.
Xosé Nieto Castro
Chegado ao mundo dez anos máis tarde, Xosé é licenciado en Historia e compaxinou a docencia no ensino público coa confección profesional de vestimenta de inspiración histórica. En dúas ocasións (2021 e 2024) obtivo o primeiro premio na categoría adulta do Certame de Relato Breve «A Erbeda», organizado pola asociación veciñal "Os nosos lares" de Palavea coa colaboración do Concello da Coruña, da Real Academia Galega e de varias librarías coruñesas.
Tamén che pode interesar

21/09/2026
Acceso libre ata completar capacidade

Dende o 10/08/2026 ata o 27/09/2026

28/09/2026
Acceso libre até completar capacidade

12/11/2026
Acceso libre ata completar capacidade
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible