#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecerlle un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.
Para público en xeral
05/10/2026
Acceso libre ata completar capacidade
De 19.00 h. a 20.00 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O luns 5 de outubro ás 19 h. temos, na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano, a presentación do libro "Os contos de Hildur de Greikar (As crónicas de Nemus)" de Xosé Neto & Víctor Gondra (Autores) e Josune Amboage (Redactor)
Acceso libre ata completar capacidade.
Nemus é un mundo grande. E eu, Hildur de Greikar, percorrino case de maneira total. Desde o meu fiordo natal na xeada Skallagaard, ata as melancólicas cidades do Antigo Imperio no continente oriental. Desde as amplas praderías de Oxania en setentrión, ata a colonia de Azatgrad, onde o mundo deixa de ser civilizado.Vin moitas cousas. Algunhas mundanas, outras insólitas e prodixiosas. Coñecín a toda clase de personaxes: covardes e ousados, ruines e bondadosos, avaros e xenerosos; todos eles protagonistas das súas propias historias.Sentádevos comigo xunto a este lume acolledor. Permitide que a maxia das palabras empuxe vosas ver ata os confíns máis remotos de Nemus.
"Os Contos de Hildur de Greikar" é unha colección de 18 historias autoconclusivas ambientadas no mundo de Nemus. Cada un dos relatos céntrase nunha rexión diferente e están escritos para cubrir multitude de xéneros; desde un retelling dun conto de fadas, a unha historia de pantasmas, un suceso pulp ou unha novela de viaxes ao estilo de Marco Polo. Nemus é un mundo de fantasía estruturado e coherente, coa peculiaridade de non estar inspirado nun universo de cabaleiros medievais, senón no mundo que naceu inmediatamente despois da caída do Imperio Romano de Occidente, a nosa Idade Escura. Isto é o que sucede cando se mesturan Beowulf, o ciclo artúrico e conspiracións bizantinas cun resaibo á Terra Media e ao círculo de Lovecraft.
AUTORES:
Víctor Gondra
Nacido en 1980 e deseñador de formación, Víctor traballou na industria dos xogos en todos os seus ámbitos, incluíndo a dirección de campañas de crowdfunding e a consultoría.
Xosé Neto Castro
Chegado ao mundo dez anos máis tarde, Xosé é licenciado en Historia e compaxinou a docencia no ensino público coa confección profesional de vestimenta de inspiración histórica. En dúas ocasións (2021 e 2024) obtivo o primeiro premio na categoría adulta do Certame de Relato Breve «A Erbeda», organizado coa colaboración da Real Academia Galega.
Tamén che pode interesar

10/09/2026, de 18:30 a 20:00
Dende o 01/09/2026 ata o 10/09/2026
Capacidade limitada. Reservas a través do correo electrónico: institutocornide@coruna.gal

21/09/2026
Acceso libre ata completar capacidade

Dende o 10/08/2026 ata o 27/09/2026

28/09/2026
Acceso libre até completar capacidade
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible