Malagasy Gospel é moito máis que un proxecto musical, é unha aposta pola escola da vida.
Familias
06/12/2016
Xa rematou
18.00 h
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Libre ata completar capacidade
Malagasy Gospel é unha coral de canto Gospel composta por nenas e adolescentes que proveñen dos barrios máis desfavorecidos de Tulear (Madagascar) e participan nos proxectos educativos e sociais de Agua de Coco na zona que pretende educar e sensibilizar sobre a explotación laboral infantil e os dereitos da infancia a través da música.
Malagasy Gospel é moito máis que un proxecto musical, é unha aposta pola escola da vida, un proxecto de ensino social que lles transmite ás súas persoas integrantes e ao público os valores que defende Agua de Coco: a protección dos dereitos infantís, a loita contra a explotación laboral infantil, a educación como motor de desenvolvemento, a igualdade de xénero e a inclusión social por encima de todo.
A través das xiras fóra do seu país, non só se lles permite ás nenas coñecer outras culturas e realidades, senón que se busca tamén sensibilizar o público europeo sobre a situación de pobreza extrema que padecen as familias e a contorna das integrantes do coro, co obxectivo de que uns e outros poidan contribuír ao desenvolvemento de Madagascar.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible