Actividade enmarcada no Ciclo Temático Mulleres a escena
Personas adultas, Juvenil
17/03/2022
Ya ha finalizado
Acceso libre ata completar a capacidade.
Das 19.00 h ás 20.30 h
bforum@coruna.gal
Tel.: 981 184 298
O xoves 17 de marzo ás 19.00 h, na Biblioteca Fórum, recibimos a vista de Isabel Risco para facer unha actividade teatralizada sobre a figura de María Casares. Referente do teatro europeo do século XX, unha muller empoderada e adiantada á súa época.
Nesta proposta achegámonos a esta personalidade forte, potente, valerosa, e complexa. Faremos unha viaxe dende A Coruña a Francia e a París. Como billete e paisaxe da nosa travesía empregaremos imaxes, retratos fotográficos da actriz, que mesmo deberan ser xa iconas da nosa cultura e formar parte do noso imaxinario colectivo. Interpretando episodios transcendentais e importantes da súa vida nas diferentes etapas, eidos, a infancia, as orixes xeográficas e familiares, o desterro...
María Casares, muller galega, legado universal.
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible