Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Marzo 2026 - O DOC DO MES - CUTTING THROUGH ROCKS (Novos horizontes)

CUTTING THROUGH ROCKS (Novos horizontes), o documental do mes de marzo

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

05/03/2026

Xa rematou

Horario:

Xoves ás 20:00 h

Duración:

95 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos:

Carné Xove, maiores 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €

** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante a dita proxección.
  • Ao acceder á sala de cine poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite consumir alimentos ou bebidas na sala.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e a luz molestan o público asistente.
  • As salas de cine teñen reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas teñen que contar con entrada, independentemente da idade que teñas ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas das películas.
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

https://docsbarcelona.com/es/

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Cando se converte na primeira concelleira electa do seu pobo natal en Irán, Sara Shahverdi proponse romper tradicións patriarcais moi arraigadas. Empodera as adolescentes, ensínalles a ir en moto e pretende acabar cos matrimonios infantís. Cando xorden acusacións que cuestionan as súas intencións, a súa identidade verase perturbada.

Sara Khaki

Sara Khaki é a gañadora do Gran Premio do Xurado na categoría de Documental de Cine Mundial do Festival de Cine de Sundance 2025 pola súa longametraxe documental, Cutting Through Rocks. A súa película codirixida, Our Iranian Lockdown, presentada en The Guardian, foi nomeada a un Premio IDA 2020, o que a levou á súa contribución como codirectora da longametraxe documental orixinal de Netflix, Convergence, que recibiu un nomeamento aos Emmy en S2022. Directora, produtora e montadora dedicada a historias sobre equidade de xénero.

Mohammadreza Eyni

Mohammadreza Eyni é o gañador do Gran Premio do Xurado na categoría de Documental de Cine Mundial do Festival de Cine de Sundance 2025 pola súa longametraxe documental, Cutting Through Rocks. Exalumno de Sundance e Tribeca, Mohammadreza é director, produtor e director de fotografía, cunha carreira e enfoque cinematográfico que superan fronteiras e elevan voces pouco representadas, conectando diversas perspectivas a nivel mundial.

Como cofundador de Gandom Films Production LLC, Mohammadreza produciu e dirixiu películas internacionais, como a súa contribución como codirector da longametraxe documental, Convergence, un orixinal de Netflix, que recibiu un nomeamento aos Emmy en 2022. A curtametraxe codirigido por Mohammadreza, Our nomeado a un premio IDA. A súa colaboración como guionista e produtor nunha película de ficción desenvolveuse recentemente en HFPA e Film Independent.

Un documental de Sara Khaki e Mohammadreza Eyni

Qatar, Chile, Canadá, Alemaña 2025

95 minutos - VO en persa, azerbaiáyn subtitulado español

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente os días de proxección dende media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión