A XX edición do Premio Luís Ksado de creación fotográfica, organizado pola Deputación da Coruña, contará coa participación de Joan Fontcuberta e Juan Manuel Castro Prieto, dous destacados referentes da fotografía contemporánea, recoñecidos co Premio Nacional de Fotografía.
Para público en xeral
Os días 01/10/2026, 06/10/2026
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Inscrición
É necesaria inscrición previa a través da páxina web da Deputación da Coruña.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 29 de setembro de 2026.
Deputación da Coruña.
O 1 de outubro, Joan Fontcuberta impartirá unha clase maxistral na que achegará ao público a súa traxectoria como fotógrafo, ensaísta e teórico da imaxe. A súa obra caracterízase por cuestionar a veracidade da fotografía e explorar a súa capacidade para construír e manipular a realidade.
O 6 de outubro será a quenda de Juan Manuel Castro Prieto, recoñecido fotógrafo documental e mestre positivador. O seu traballo ofrece unha mirada íntima e poética sobre a memoria, a identidade e o paso do tempo.
Ambas as clases maxistrais celebraranse no Centro Sociocultural Ágora, en horario de 16:30 a 20:00 h.

Dende o 07/09/2026 ata o 08/09/2026
Dende o 31/08/2026 ata o 06/09/2026
Inscrición en liña

Dende o 09/09/2026 ata o 10/09/2026
Dende o 02/09/2026 ata o 09/09/2026
Inscrición en liña

Dende o 16/09/2026 ata o 17/09/2026
Dende o 09/09/2026 ata o 16/09/2026
Inscrición en liña

Dende o 23/09/2026 ata o 24/09/2026
Dende o 16/09/2026 ata o 23/09/2026
Inscrición en liña

Dende o 21/09/2026 ata o 25/09/2026
Dende o 14/09/2026 ata o 26/09/2026
Inscrición presencial na biblioteca

Dende o 10/08/2026 ata o 27/09/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible