V mostra de teatro afeccionado
Para público en xeral
13/10/2016
Xa rematou
20.30 horas
A Escola Municipal de Teatro do Concello de Sada arrinca a súa actividade en 2003, cun proxecto centrado en diferentes sectores de idades (infantil, adulto e 3ª idade). Os obxectivos máis importantes que xustificaron a creación foron:
Esta iniciativa buscaba tamén crear un grupo de xente nova interesada no teatro, que servise para desenvolver futuras iniciativas no ámbito das artes dramáticas. Ademais, unha finalidade importante foi sempre a de aumentar o gusto polo teatro e o coñecemento de diferentes propostas artísticas do público sadense, nunha época na que se intentaba establecer unha programación anual estable de espectáculos teatrais desde o auditorio municipal.
Despois dalgún cambio realizado na concepción e na dirección da escola municipal, os últimos anos foron de grande evolución, creándose un vínculo e unha motivación coa forza suficiente como para manter o compromiso interanual da maior parte dos seus compoñentes. Podemos mirar con ilusión ao futuro, con signos esperanzadores: os grupos de idades infantís están consolidados e manteñen unha participación constante e moi nutrida, o grupo de adultos conseguiu acadar unha continuidade que lle permite profundar no traballo da aprendizaxe teatral, xorde por primeira vez un grupo xuvenil que se revela como un grupo de gran creatividade e compromiso.
Ademais, os resultados das últimas creacións alcanzaron un nivel de calidade que lle permitiu á escola municipal presentar o seu traballo en teatros como o Fórum Metropolitano da Coruña ou o Gabriel García Márquez de Mera.
Entidades

22/05/2026

23/05/2026

23/05/2026

23/05/2026

Dende o 22/05/2026 ata o 23/05/2026

26/05/2026
Dende o 22/05/2026 ata o 26/05/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible