Mocidades e Los Panchos —dúas iconas indiscutibles da música polifónica latina— únense nunha xira mundial única para ofrecer un espectáculo de luxo que logra tender pontes entre xeracións.
Para público en xeral
31/01/2026
20.30 h
Platea: 45,00 €
Palco: 42,00 €
Principal: 36,00 €
1.ª fila de principal, visibilidade reducida: 33,00 €
Descontos do 20% para Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas
Descontos do 25% para familia numerosa
**Os descontos aplicaranse logo da previa presentación do documento que acredite o desconto.
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.
• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Gestión Cultural Art Music Agency, SL
Con estilos e repertorios distintos, pero cun mesmo espírito de elegancia e exquisito gusto musical, ambas as formacións réndenlles homenaxe ás grandes composicións en polifonía vocal que marcaron a historia da música en español. Este Tour 2026 adquire un valor moi especial: Los Panchos, coa voz líder do mestre Rafael Basurto Lara, conmemoran os 40 anos do seu éxito eterno "Si tú me dices ven", tema recentemente gravado xunto a Mocidades e inscrito nos Grammy Latinos, que se reafirma como un himno en España e no mundo hispano. Con 80 anos de traxectoria artística, Los Panchos, da man de Rafael Basurto, quérenlle expresar un agradecemento profundo ao seu público -moi especialmente ao de España- por décadas de agarimo, lealdade e paixón polo bolero. Por iso, Rafael Basurto proclama con emoción: "Quero percorrer todos os recunchos de España para dicirlles a todos: ata sempre e grazas".
VENDA DE LOCALIDADES
Entidades

29/01/2026
Entradas á venda en
www.sfx-events.com

30/01/2026

31/01/2026

01/02/2026

07/02/2026

07/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible