Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Música contra a trata

Acto solidario da Rede Galega contra a Trata, que organiza as IV Xornadas contra a trata, coas actuacións de SANJURJO E DOPICO, BOUBA PANDERETEIRAS e SÉS.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

25/09/2015

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

5 €

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

Médicos do Mundo

Documentos:

Cartaz e Programa da Xornada (3 MB)

A Rede Galega contra a Trata organiza unha actuación musical que pretender achegar a problemática da trata á cidadanía da Coruña.

Contamos para iso coa presenza de artistas implicados nos movementos sociais e nas músicas de raíz que ofrecen a súa colaboración á Rede aportando o seu traballo e o seu talento á loita contra a explotación que uns seres humanos fan de outros seres humanos.

SÉS. A cantautora coruñesa Maria Xosé Silvar, máis coñecida como SES, e unha das artistas máis relevantes da actual escea musical galega. Actualmente está a presentar o seu terceiro traballo "Tronzar os Valos" que viu a luz o pasado mes de marzo, un traballo que afianza a condición de artista carismática e de gran forza persoal.

SANJURJO & DOPICO. Martín Sanjurjo (Saraibas, Balakandra) e Manolo Dopico (A Roda, Leixapren, Balakandra) unen forzas neste novo proxecto acústico, letras comprometidas coa nosa sociedade e os nosos corazóns aderezados da súa particular visión musical.  

BOUBA Pandereteiras. Cinco mozas da comarca de Compostela que centran os seus esforzos en recoller a música tradicional do país para logo poder mostrar polo mundo adiante o poderío dos nosos vello e a forza da nosa música. Como din elas, festa? a nosa!!! 

VENDA DE ENTRADAS:

  • Despacho Central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (excepto fesivos), de 9:30 a 13:00 e de 16:30 a 19:30 h (pago en efectivo)
  • Sede de AFundación: de luns a sábado (incluidos festivos) de 9:00 a 21:00 h. (pago en efectivo ou con tarxeta)
  • Despacho de billetes do Centro Ágora: aberto só os días de función desde unha hora antes (pago en efectivo). SÓ SE QUEDAN ENTRADAS DISPOÑIBLES
  • Televenda: 902 504 500, de luns a sábado, de 8:00 a 22:00 h
  • Venda en liña: www.ataquilla.com (pago con tarxeta)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión