Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

MÚSICA PARA BEBÉS. Paulo Lameiro

Proposta formativa para o profesorado e obradoiro musical para familias con bebés de 10 a 18 meses sobre a estimulación sensorial a través da música.

A quen vai dirixido?:

XORNADA FORMATIVA: preferentemente profesorado e tamén pais e nais.

OBRADOIRO MUSICAL PARA BEBÉS: pais e nais cos seus bebés de 10 a 18 meses (profesorado como espectadores)

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

26/09/2015, de 10:00 a 19:00

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 15/09/2015

Horario:

XORNADA FORMATIVA: de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 17.30 h

10.00-11.30: Do berce das artes aos concertos para bebés. Por que música para bebés?

12.00 – 12.30 Filme sobre os proxectos da Escola de artes SAMP

13.00 – 14.00 Breve introdución á teoría da aprendizaxe de Edwin Gordon.

16.00 – 17.00 Que repertorios para bebés?

17.00 – 17.30 Presentación do filme Concertos para bebés

17,30 – 19.00 Obradoiro musical con bebés e coloquio final (o profesorado como espectadores).

OBRADOIRO MUSICAL PARA BEBÉS: de 17.30 a 19.00 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

De balde

Requisitos:

Inscrición previa: de balde, na conserxaría da Ágora ou chamando ao 981 189 888, a partir do 15 de setembro até esgotárense as prazas.

Debido ao número limitado de prazas, as persoas inscritas teñen que comprometerse a asistir toda a xornada. No caso de non poderen acudir, teñen que comunicalo para poder chamar as persoas da listaxe de agarda.

Condicións do OBRADOIRO MUSICAL PARA BEBÉS:

  • Nº de prazas: 14 bebés acompañados por 1 ou 2 adultos
  • O Obradoiro comezará á hora marcada e non se permitirá o acceso de espectadores ou participantes despois do inicio deste.
  • O número máximo de bebés e idades, deberá de ser respectado e cumprido
  • NON ESTÁ PERMITIDO facer fotos durante o obradoiro.

Organiza:

IMCE

Documentos:

Programa do ciclo Bebescena outono 2015 (345 KB)

1. XORNADA FORMATIVA: Por que e como música na primeira infancia?

Destinatarios: preferentemente profesorado e tamén pais e nais (sen nenos).

Horario: de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 17.30 h. Espectadores do obradoiro con bebés: de 17.30 a 19.00h

Trátase de presentar e darlles resposta a algúns presupostos teóricos sobre a importancia da música na primeira infancia, e respostas rápidas a cuestións do cotián para profesorado, músicos e pais/nais:

  • Por que Música para Bebés? Que é o que máis importa na música para bebés?
  • Bebés a partir de que idade?
  • Que repertorios e compositores?
  • O que é o chamado "efecto Mózart"? Os bebés vólvense máis intelixentes co a música?
  • Por que música clásica? Entón os bebés non poden escoitar jazz, rock e música tradicional?
  • É mellor cantar ou tocar para os bebés? Non será a voz máis indicada que unha trompeta ou un violín?
  • Cales son níveis de intensidade sonora que soportan os bebés recén nacidos? Con que idade pode un bebé ir a un concerto?
  • Como facer música na escola co profesorado ou en casa con os pais sen ter unha formación musical especializada? E se os pais ou o profesorado desafinan? Que facemos?
  • Cal é a diferenza entre o son acústico ao vivo e o son gravado?

 

2. OBRADOIRO MUSICAL CON BEBÉS DE 10 A 18 MESES

Obradoiro de estimulación para bebés, en que as familias descubrirán xogos sensoriais para facer cos seus bebés guiadas polo musicólogo Paulo Lameiro, creador dos Concertos para bebés.

Horario: de 17.30 a 19.00 h

Nº de prazas: 14 bebés acompañados por 1 ou 2 adultos (co profesorado coma espectadores)(ESGOTADAS AS PRAZAS)

 

Paulo Lameiro

Director artístico da Escola de Artes SAMP e mestre titular da Schola Cantorum Pastorinhos de Fátima, licenciado en Ciencias Musicais e posgrao en Etnomusicoloxía pola Universidade Nova de Lisboa.Foi vicepresidente da Escola de Música do Conservatorio Nacional – Lisboa.

É autor de varios proxectos de formación e produción musical para bebés, entre as que destacan Berço das Artes, Músicos de Fraldas e Concertos para Bebés, que presentou por toda Europa.

É pai de Simão e de Natércia e ten como pasatempo a cría de carpas Koi, para quen gosta de mirar calmada e demoradamente.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión