Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Nadal de letras e xogos: Contacontos do libro "Regalos" de Estrella Ortiz

O Nadal pode celebrarse en calquer lugar e de múltiples formas. Invitámoste a pasar o Nadal na biblioteca Durán Loriga cunha serie de actividades pensadas para todos os públicos: contacontos, obradoiros, presentación de libros, xogos e tamén moitas recomendacións lectoras.

A quen vai dirixido?:

De 3 a 5 anos.

A quen vai dirixido:

Infantil

Cando:

20/12/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 13/12/2023 ata o 20/12/2023

Require inscrición

Horario:

De 18:30h a 19:30h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Número de prazas:

10

Contacto:

O día 20 de decembro ás 18:30h teremos na Biblioteca Durán Loriga un contacontos e un obradoiro para crianzas de 3 a 5 anos.

Contaremos "Regalos", de Estrella Ortiz, unha historia moi apropiada para estas datas, xa que nos fala de que todos os nosos seres queridos merecen un agasallo. Un para mamá, outro para papá, outro para o avó... Pero que lles regalamos? Neste libro dannos algunhas ideas. Hai agasallos para todos.

Ao rematar o contacontos faremos un obradoiro, no que crearemos neve e faremos o noso propio boneco de Nadal.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión