Néstor Pardo forma a súa primeira banda en 2004 con só dezanove anos. Lidéraa como cantante, guitarrista e compositor ata 2009. Formación de corte Rock-a-billy, editan 2 álbums e levan o seu show por España e Europa, sendo cabezas de cartel en varios festivais en Holanda ou Alemaña.
Para público en xeral
14/01/2016
Xa rematou
O carisma de Néstor sobre o escenario sobresae desde o primeiro día e como proba diso é fotografado por Antonio Alay para o libro Rockin' Spain, libro de fotografía sobre a escena do Rock&Roll español.
En 2008 emigra a Madrid para finalizar os seus estudos na Escola de Música Creativa, titulándose como guitarrista profesional en música moderna. Nos seguintes anos, que se adica exclusivamente aos seus estudos, recibe clases de Diego Araoz sobre guitarra Manouche e unha masterclass con Stochelo Rosenberg (The Rosenberg Trio).
Mentres vive en Madrid, establece amizade co músico Roi Fontoira (The Phantom Keys / The Limboos). Canso dos prexuízos e a mente pechada da escena Rockabilly e vendo a música como sinónimo de liberdade, abandona The Loveless Cousins e monta xunto a Roi a banda de R&B e Swing The Allnight Workers, cos que afina a súa capacidade compositiva, gravando sempre cancións de colleita propia agás un par de versións no seu primeiro álbum. Con The Allnight Workers grava dous álbums nos estudos Lightning Recordings de Berlín que publica o selo Grabaciones De Impacto. Viaxan por toda Europa e o seu prestixio se incrementa a cada novo paso, sendo incluídos en varios festivais, tanto de Jazz como de Rock&Roll. The Allnight Workers convértense na banda europea de Lala Brooks (The Crystals).
En 2012 Néstor regresa á súa cidade natal e comeza a tocar como músico de sesión para distintas formacións (Northwest Pickers, The Hot Chocolates, Dixie Lovers, The Honky Tonkin Boozers, Rockers Go To Hell…).
En 2013 decide comezar unha carreira en solitario tocando a súa propia música, deixando atrás todas as formacións e comezando así unha nova etapa, na que o músico escapa de calquera etiqueta ou prexuízo. É aquí cando nace Pardo, que non tarda en ver publicado un primeiro disco, once cortes de composición propia e unha celebrada versión do Everybody's Talking de Harry Nilson. Gravado só coa súa guitarra e a súa voz, comeza a facer concertos en solitario e a traballar a tempo completo no proxecto.
Pasados un par de meses, chama a Miguel Martínez e a Adrián Seijas como banda de acompañamento (contrabaixo e batería, respectivamente). Con esta formación presenta o disco por boa parte do país cunha excelente aceptación e esgotando as 700 copias sen ningún tipo de promoción nin apoio de prensa.
Chegamos a outubro de 2014. Néstor entra de novo no estudo, esta vez xunto coa súa banda, para gravar o que será o seu segundo álbum. Doce cortes de composición propia gravados en directo nos Estudos Santa Cruz Recordings e que verán a luz en xaneiro de 2015 no selo New H-Records baixo o título de LET IT STAY.
Entidades

26/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

23/01/2026

24/01/2026

29/01/2026
Entradas á venda en
www.sfx-events.com

30/01/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible