Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

New York Salsa Tribute by Orquesta Sonoridad & Mambo Sins

Somos unha combinación de amantes da Salsa, entusiastas da Música, e apaixonados pola música e a salsa. É por iso que, aínda que as nosas raíces son galegas, iniciamos este proxecto co ánimo e a ilusión de recrear a forza, o ritmo, a cadencia, a expresividade e a sensualidade que transmite ese gran xénero musical, icona da mestizaxe latina e crisol de culturas, que é a Salsa.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

18/02/2016

Xa rematou

Horario:

21:00 horas.

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

A nosa inspiración é a maxia que creaban as grandes orquestras de salsa en Nova York e o Caribe hispano nos anos 60´s e 70´s, que compoñían, interpretaban e plasmaban a súa propia personalidade en grandes temas que a día de hoxe son xa clásicos do xénero, e verdadeiras xoias representativas desa época entre tanta riqueza musical.

Así, evocando o clásico son que proxectaban estas grandes agrupacións musicais da idade dourada da salsa, escollemos un repertorio de versións xa eternas e inesquecibles, que representan o talento, a orixinalidade, a personalidade e nomeadamente a excelente calidade destes prodixiosos e insólitos intérpretes, como son Héctor Lavoe, Tito Puente, Willie Rosario, Ray Barreto, New Swing Sextet, Roberto Roena, Tommy Olivencia, Cal Tjader, ou grandes conxuntos instrumentais da dimensión do Gran Combo de Porto Rico.

E por suposto con varios dos temas interpretados por un dos grupos de danza galegos máis afamados nos festivais latinos de España, as “Mambo Sins”, unha experiencia visual magnífica en conxunción coa música en directo que non se poden perder, porque queremos que o gocen e o compartan connosco, que o oian, que o canten, e o bailen.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión